A primeira gran cita do ciclocross en Galicia deuse no sábado na Illa das Esculturas co Gran Prémio Cidade de Pontevedra, proba internacional C1 e puntuable para a Copa de España.
O noso clube presentaba unha participación casi inédita: Debut de Unai Fernández en Cadete, Ana Amaro, Feli Cadeira e Borja Rodríguez en Máster 40 e o retorno do Élite Xoel Villa xunto con Irene Rodríguez e Oscar Trigo.
En Cadete o debutante Unai Fernández acadaba unha meritotia 38ª posición mentras que a "veterana" Irene Rodríguez facía se situaba entre as millores a nivel nacional o rematar no 13º posto de féminas.
Na categoría Elite era Xoel Villa que despois dun ano de pausa, voltaba a competir para rematar no 54º lugar da clasificación.
En Master 40 volta a competición da histórica do C. C. O Rosal Ana Amaro Mariño que nos seus tempos de Cadete se proclamara Campiona de Galicia, no día do sábado remataba 11ª entre as féminas. En masculino o millor "rosaleiro" era Oscar Trigo co 75º posto, suguido por Feli Cadeira no 91º e Borja Rodríguez no 97º.
No día de onte domingo en Marín, de novo proba de categoría Internacional C2 con Irene na 8ª posición de Cadete féminas, Xoel Villa 21º en Elite e Oscar Trigo 38º, Feli Cedeira 49º e Broja Rodríguez 53º en Master 40.
Aquí en Marín o noso Presidente Alberto Rodríguez aprobeitou a ocasión para entrevistarse co Campión de España Elite que non é outro que o valenciano Felipe Orts e agasallalo cunha botella de Terras Gauda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario