Pasada fin de semana voltamos a ter Ciclocross por partida dobre, cunha cita no sábado 22 en Betanzos e no domingo en Val de Esmelle.
No sábado en Betanzos disputouse a competición nun novidoso horario nocturno donde debutaron o Cadete Manuel Domínguez e o Junior Miguel Teniente.
Manuel que facía toma de contacto coa especialidade remataba na 32ª posición mentras que en cadete féminas Irene Rodríguez facía 12ª.
Miguel que tamén experimentaba pola primeira vez, remataba no 22º posto.
O Máster 40 Oscar Trigo acadaba o 46º posto da súa categoría e logo remataba xa case que entrada a media noite o Elite Xoel Villa co 19º lugar da clasificación.
No domingo na ferrolana localidade de Val de Esmelle Manuel era 24º mentras que Irene pasada a primeira volta víase obrigada a abandonar por problemas físicos.
Mentras tanto Miguel remataba 18º en Junior, Oscar Trigo 36º en Máster 40 e Xoel Villa 13º en Elite.
En ambalas dúas carreiras competíu Roi Alvarez na categoría Infantil que o ser de promoción, non ofrece clasificación, ainda que temos que suliñar que Roi se atopaba nos postos dianteiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario