Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 31 de octubre de 2022

A COPA GALICIA DE ENDURO VEN PARA O ROSAL DA MAN DE ARANTXA GÓMEZ

 


Terceira proba puntuable antesdonte sábado para a Copa Galicia de Ciclocross nos arredores do Estadio de San Lázaro no habitual circuito donde o Club Ciclista Compostelano organizóu o XXI TROFEO DE CICLOCROSS CIDADE DE SANTIAGO.

Polo que respecta a nosa representación, Roi Alvarez participaba na categoría non competitiva de infantís mentras que Miguel Teniente disputaba a súa segunda carreira e acadaba o 20º posto da categoría Junior.

Pechábamos coa categoría Master 40 coa nosa fémina Ana Amaro na 6ª posición, con Oscar Trigo 45º e Borja Rodríguez 61º en masculino.

Por outro lado o Alevín Xoel González tamén voltaba a competición co MINI DH do Monte Vixiador en Vigo acadando un estupendo 10º posto da súa categoría.

No día de onte no mesmo circuito do Monte Vixiador, Arantxa Gómez e Diego Adrover participaban no VIGOENDURO que era a derradeira proba da Copa Galicia de Enduro e na categoría Cadete,  Diego acadaba o 20º posto.

Arantxa voltaba a darnos outra gran alegría, pois vencía na súa categoría de Cadete féminas e o mesmo tempo proclamabase Campiona da Copa Galicia de Enduro categoría Cadete

FOTOS DE SANTIAGO por Luz Iglésias

FOTOS Mini DH 

FOTOS DE ENDURO

No hay comentarios:

Publicar un comentario