Imos comenzar coa nosa cadete Arantxa Gómez que no xoves partía cara a La Adrada (Ávila) para participar nos Campionatos de España de Enduro e nos que a piques estivo de subir o podio, pois remataba na cuarta posición a escasa distancia da Medalla de Bronce. Parabéns Arantxa!!!!.
Continuamos
entón coa modalidade de Ciclocross que entre onte e hoxe na comarca do
Salnés completaba as cinco carreiras de categoría internacional que nas
últimas datas se viñeron disputando en Galicia.
No día de onte era a volta do CICLOCROSS INTERNACIONAL CONCELLO DE RIBADUMIA, no que o Unai Fernández nos mostrou que se vai aclimatando a esta modalidade do ciclismo o rematar na 15ª posición da categoría Cadete.
Pola súa parte Xoel Villa tomaba a saída na categoría elite na que remataba no 42º lugar.
Remataba a categría Máster 40 donde a fémina Ana Amaro remataba nuha estupenda cuarta posición, mentras que en masculino Oscar trigo sofría unha avería que lle impedía loitar por postos altos da clasificación e tiña que conformarse co 46º posto, mentras que Feli Cedeira era 49º e Borja Rodríguez 51º.
En canto o día de hoxe en Sanxenxo tocaba o III
CICLOCROSS INTERNACIONAL CON DA ROMAÍÑA con Unai de novo na loita da
categoría Cadete acadando o 14º posto mentras que os Máster 40 remataban
con Oscar 32º e Borja 38º
No hay comentarios:
Publicar un comentario