Familiares, amigos, compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal acudíamos nesta madrugada do domingo po luns o IFEVI de Vigo donde agardábamos con impaciencia a chegada do CAMPIÓN DE ESPAÑA que viaxaba no autobús da Federación Galega de Ciclismo. Presentabamonos alí en Cotogrande a unha e media da madrugada tendo que agardar até as 4:30 horas na que o autobús facía a súa entrada no aparcadoiro do IFEVI e de él baixaba un Toni sorprendido polo recibimento que non se agardaba das máis de 30 persoas desprazádas até o lugar.
Despois de que o Presidente Gerardo lle agradecese o éxito acadado, Toni comentábanos como fora o desenrolo da carreira e as experiencias vividas en Zaragoza, para o final poñer rumbo O Rosal na compaña de todos.
FELICIDADES CAMPIÓN.
Fotos
No hay comentarios:
Publicar un comentario