Este ano Toñi non deixa de agasallarnos con triunfos. Comenzaba a tempada co título de Campión de Galicia 2011 de Ciclocross donde o seu compañeiro de equipo Raúl era terceiro, continuaba co 14º posto da mesma especialidade no Campionato de España en Zamora para logo acadar o 3º posto no Campionato de Galicia de BTT con Raúl 4º. Continuaban os éxitos na pasada fin de semana en Marín coa madalla de Bronce no Campionato de Galicia de Fondo para desprazarse o pasado xoves a Caspe (Zaragoza) e no día de onte quedar cuarto no Campionato de España de Contrareloxo para no día de hoxe poñer o broche de Ouro con ésta medalla que o acredita como o CAMPIÓN DE ESPAÑA CADETE 2011. Sen dúbida o Club Ciclista O Rosal séntese orgulloso de ter na súa plantilla un ciclista das cualidades de Toñi que fai que leve o nome do noso Clube e o do Concello de O Rosal xa non só por Galicia adiante, sinón que tamén o resto de España saiba dos seus éxitos. Moitas felicidades.
AMO A ANTONIO PORTELA
ResponderEliminarSATODINSEN POWER !!!
Grande, grandisimo Antonio!!
ResponderEliminarque grande toñito que granse
ResponderEliminar