Celebráronse hoxe os Campionatos de Galicia de Fondo en Carretera en Marín donde Toni Portela se facía coa medalla de Bronce o acabar no 3º posto da categoría Cadete.
Comenzaba a competición coa categoría Cadete na que Cristóbal, Pablo, Adrián Dorna e Adrián Vicente non acababan a carreira o quedar descolgados e ser eliminados polos xuices árbitros. Raúl pola súa parte despois dunha caída acontecida na primeira volta, chegaba nun meritório 11º posto. A vitória era para Alexandre Rodríguez (C.C. Cambre) que chegaba destacado a meta e logo na loita polo segundo posto había un espectacular esprint entre Toni Portela e Angel Diz (C.C. Spol) que o final se decantaba do lado do porriñés que era segundo e Toni terceiro.
En Júnior comenzaba a carreira cun ataque nos primeiros kilómetros por parte de Kevin e Iván na compaña doutros dous ciclistas chegando a obter unha vantaxe de 40 segundos pero cando chegaron as primeiras rampas Kevin era engulido polo pelotón quedando descolgado uns kilómetros máis adiante. O segundo en quedarse atrás era Alex e o terceiro en descolgarse era Iván. Pola súa parte Manuel González a pesar da súa falta de adestramento iba aguantando o tirón do grupo para quedarse atrás a 500 metros do porto de montaña e ainda que na baixada recuperaba algo de tempo, non era quien de contactar co pelotón. O que sí sacaba forzas de donde non as tiña era Alex que conseguía conectar con Manuel e outros dous corredores da Fundación Oscar Pereiro que xuntos fixeron varios kilómetros pero que o final eran baixados da carreira o ser a súa desvantaxe superior os tres minutos coa cabeza da carreira que foi gañada por Jacobo Ucha (C.C. Spol).
Fotos
Por outro lado Claudia i Elsa Portela desprazabanse até Ponteareas donde se disputaba o I Trofeo de Guláns de MinBTT. Claudia remataba 4ª i Elsa 5ª.
No hay comentarios:
Publicar un comentario