Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 16 de julio de 2011

Toni Portela 4º no Campionato de España

Toni non deixa de sorprendernos con boas noticias e desta volta foi nos Campionatos de España que se están a celebrar en Caspe (Zaragoza) e non foi doutra maneira que co 4º posto acadado na modalidade de Contra o Reloxo da categoría Cadete a tan só 9 segundos do vencedor da proba que foi Sergio Dominguez da Comunidade Valenciana. O outro representante galego era o rival e compañeiro de Toni, Angel Diz do Spol Novacaixagalicia de Porriño que finalizou no posto 13º.
É sen dúbida un grande resultado para o noso ciclista que mañán domingo disputará a proba de estrada.
Por outro lado as representantes da Selección Galega acadaron o 3º posto e medalla de bronce na categoría Infantíl Feminina por equipos.
Moitas felicidades a tod@s el@s.

No hay comentarios:

Publicar un comentario