Duas novas vitórias dos ciclistas do C.C. O Rosal-Hermanos Ozores, desta vez no XX G.P. Ciclista Teis.
Comenzaban os Alevíns e Mario voltaba de novo o mais alto do Pódio o vencer con claridade a proba de Ximcana. Gran resultado tamén para David que nunha moi boa proba sen cometer erros, acadaba o 6º posto e outro tanto podemos decir de Yashir que se facía co 12º.
En Infantís Zaida era a única clasificada e facíao no posto 25º.
E xá para rematar a mañán era Toni o que tamén voltaba o mais alto do "caixón" o levarse a vitória da categoría Cadete por diante de Angel Diz (Spol) e Diego Somoza (Compostelano). Grandes resultados tamén para Adrián Vicente que fixo 6º, Raúl 10º, Pablo 25º e Cristóbal 28º.
Por outro lado Elsa e Claudia Portela desprazabanse até Porriño donde disputaban o II Trofeo Horacio Barros de MiniBTT na categoría Infantíl e Claudia de novo voltaba o pódio co 3º posto acadado mentres que Elsa era 4ª.
No hay comentarios:
Publicar un comentario