Os corredores do
Club Ciclista O Rosal pechan a tempada do calendario galego de Ciclocróss cun
dominio aplastante e absoluto sobre os seus rivais e desta volta foi nos
arredores do Castelo de Maceda (Ourense) traendo para O Rosal duas novas
vitórias e un terceiro posto.
O primeiro en
subir o “caixón” non foi outro que Raúl que despois de gañar todas todas as
probas galegas e proclamarse Campión de Galicia, hoxe despedíase con outra
vitória desmostrando así o seu dominio na categoría Cadete. E como é de costume
Raúl saíu xa na cabeza da carreira para non abandonala xa até o final e
adxudicarse a vitória cunha grande vantaxe mentres que Andrés que facía unha
gran carreira de menos a máis acadaba o 6º posto o contrario do seu compañeiro
Cristóbal que foi de máis a menos para terminar 11º.
En Júnior de novo
vitória para Manuel que desta volta tiña que loitar máis do habitual xa
que nos primeiros compases da carreira
marchábase en cabeza na compaña de Daniel López (C.C.Cambre) que non deixaba
que se fose en solitario pero chegada a derradeira volta o circuito Manuel
poñía “toda a carne no asador” e collía unha vantaxe para chegar a Meta cunha
cómoda vantaxe e facerse desta maneira coa vitória. Outro que fixo unha das
mellores carreiras da tempada foi Toni Portela que quería por tódolos medios axudar o seu
compañeiro Alex a subir o Pódio e tiña que baixar até o sexto posto para
acompañalo e así durante varias voltas pero decatándose de que a “misión” non
ía chegar a bon porto, a falta de tres voltas para o final e vendo que un posto
no Pódio se escapaba, decidia atacar e nunha mostra de poderío físico foi
recurtando a desvantaxe para nun apasionante final acadar ese merecidísimo
terceiro posto mentres que Alex que tamén realizóu unha gran carreira
terminaría sexto.
Terminada a
tempada galega e en recoñacimento o estado de forma demostrado néste períplo
por terras galegas, o premio foi a convocatória que o selecionador galego
Moisés Leboso fixo para os Campionatos de España a disputarse en Gandía os días
6, 7 e 8 de xaneiro donde incluíu como non podía ser doutra maneira a Raúl
Fernández (Cadete) e a Manu González e Toni Portela (Junior) para que
representen a Galicia en terras valencianas.
Desexámoslles o
millor nesta nova “aventura” que porá o punto final a tempada de Ciclocróss.
No hay comentarios:
Publicar un comentario