Segunda etapa antesdonte venres
da Volta a Portugal Júnior con saída en Constância e chegada a Alcobaça cun
percorrido que discurría polas localidades de Tomar, Torres Novas, Porto de Mós
e Batalha entre outras para completar os 111,5 Kms. e na que os ciclistas tiveron
que soportar temperaturas de até 37ºC.
Xa nos primeiros kilómetros o paso polo concelho
de Tomar sofríamos o primeiro percance, pois Alex e Javi (C.C. Ponteareas)
víanse involucrados nunha caída masiva e quedaban descolgados do pelotón cun
grupo de máis menos vinte integrantes.
Na Meta Volante situada
en Torres Novas, Manuel pasaba entre os primeiros e Toñi Portela uns metros
máis atrás xunto co resto do equipo agás Alex e Javi que xa viñan descolgados
por mor da caída.
Comenzaba o porto de
montaña en Alcaneda e remataba na localidade de Valverde e mediada a escalada
Javi González víase obrigado a por “pé a terra” o resentirse da caída polo que
Manu, Toñi, Samuel, Kevin e David pasaban no Pelotón e Alex que continuaba con
esa grupeta máis descolgado.
No segundo tercio da
carreira Samuel xunto con outros tres corredores protagonizaron unha escapada
que duraría uns 15 Kms. para logo ser alcanzados de novo.
Na chegada a Meta éstas
eran as posición acadadas: Samuel 20º, Manu 27º, Kevin 46º,Antonio Portela 53º,
David 55º, Alex 81º e Javi retirado.
A Clasificación Xeral
queda da seguinte maneira: Samuel 10º a 2’20”, Antonio Portela 32º a 4’54”,
Kevin 42º a 5’33”, David 61º a 12’24”, Manuel González 68º a 18’20” e Alex
Lomba 75º a 23’19”. Onte disputóuse a terceira
etapa entre as localidades de Vila Franca do Rosario e Vimeiro para completar
108.5 kilómetros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario