Onte derradeira etapa en liña desta Volta a Portugal Júnior cun percorrido de 108,300 Kms. polos arredores de Torres Vedras con temperaturas de 35ºC.
Nesta etapa os corredores
do noso equipo saían a estrada coa idea de dar guerra e xa nos primeiros
kilómetros Manuel e David uníanse a un grupo dunha dúcia de corredores que se
ían en cabeza durante varios kilómetros. Co decorrer da carreira Manu víase
obrigado a retirarse por problemas físicos. Samuel voltou a atacar para unirse
o grupo de escapados que xa contra o final da carreira foron neutralizados polo
pelotón.
Outro que tamén pasaba
malos momentos era David que acusaba o esforzo da primeira parte da carreira e quedábase moi retrasado pero logo co apoio
do coche do equipo conseguía rematar a etapa. Alex, Toñi e Kevin cruzaban a liña
de Meta co pelotón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario