Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 16 de septiembre de 2012

IREA VILLA E ZAIDA GONZALEZ VOLTAN O MAIS ALTO DO PODIO ACOMPAÑADAS DE LAURA TENIENTE E MARÍA CORREA

Na tarde de onte sabado acudimos a Porriño para participar no TROFEO FESTAS DO CRISTO e dende alí voltabamos para O Rosal con catro novos Pódios, e tódos eles nas categorías Femininas.
Comenzarían a súa participación os integrantes da categoría Benxamín e Yasir a piques estaba de subir o Pódio e tiña que conformarse co 4º posto; a seguinte era Irea Villa no 7º posto que lle valía para acadar o primeiro posto entre as Féminas; 8º era un esplendido David Carnero seguido de Iago Alvarez 12º, David Rodríguez 17º, Rubén Carnero 18º, Alberto García 24º, Laura Teniente 24ª que servía para que acompañase a Irea no Pódio o facerse co 2º posto de Féminas e Andrés Lago pecharía a clasificación dos nosos no posto 29º.
En Alevins Mario Fernández acadaba o 16º lugar e María Correa o 18º que se traduciría no terceiro posto do "caixón" de Féminas.
En Infantís o millor clasificado era Manuel Dorna no 15º posto, Xoel Villa 22º, Ero Sobrino 24º e Zaida González 29ª que lle valía para facerse coa vitória da categoría Féminas Infantíl.
Mentras todo isto acontecía en Porriño, en Fafe (Portugal) o Cadete Raúl Fernández remataba 12º e o Júnior Manuel González acadaba o 23º posto.
Xá na mañán de hoxe as irmáns Portela Rodríguez disputaban o II MINIBTT CIDADE DE VIGO  e Claudia colleitaba un fantástico 2º posto para subir o Pódio e recoller o Trofeo que a acreditaba como tal mentras que Elsa remataba 5º.
Fotos de Porriño

No hay comentarios:

Publicar un comentario