Hoxe sabado pola tarde disputóuse en Ponteareas o Trofeo Festas de Setembro con vitória de Irea e terceiros postos de María e Zaida todas elas nas categorías Femininas ainda que non recibiron o merecido Trofeo.
A tarde de competicións abríase como e de costume cos máis cativos (Benxamíns) e o millor clasificado era David Rodríguez que quedaba moi pretiño do Pódio o quedar no 5º posto seguido de Iago Alvarez que perdía algo de tempo nunha das probas da ximcana e remataba 9º. Outro que facía a súa millor carreira da tempada era Andres Lago que nunha proba donde non cometeu ningún erro remataba 11º. Xa logo seguirían Yasir Martínez 15º, Rubén Carnero 16º, Irea Villa 17ª e 1ª de Féminas, David Carnero 24º e Sara Senra 51ª.
En Alevíns María Correa voltaba a loitar polos postos altos e remataba 17ª absoluta e 3ª de Féminas seguida de Mario Fernández que se facía co 19º posto
Os Infantís na súa liña de rematar polos postos médios da táboa, era Xoel Villa o millor clasificado rematando 20º, seguido de Manuel Dorna 27º, Ero Sobrino 30º e Zaida González 32ª absoluta e 3ª de Féminas.
Pecharían esta tarde de carreiras os Cadetes e como ven sendo habitual Raúl Fernández voltaba a loitar para subir o Pódio pero o final tería que conformarse co 6º posto mentras que Cristóbal Coimbra mediada a carreira quedábase retrasado e remataba no 25º lugar.
Por outro lado durante a mañán deste sábado Elsa e Claudia Portela competían no 4º Trofeo Concello de Mos de MiniBTT e Claudia voltaba a subir o Pódio o clasificarse nun fantástico 2º posto de Infantíl Feminino mentras que Elsa remataba 5ª.
Fotos de Ponteareas
No hay comentarios:
Publicar un comentario