Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 9 de septiembre de 2012

VITORIAS DE DAVID CARNERO, YASIR, LAURA E ZAIDA EN MARÍN


Impresionante o "botín" colleitado hoxe polos nosos ciclistas no TROFEO VIRXE DO PORTO (MARÍN),
pois na categoría dos máis cativos estreábase unha nova modalidade de clasificación a modo de proba e quedaban divididos en tres subcategorías.
En Prebenxamíns os irmáns Carnero Taveira facíanse cos dous primeiros postos e levabanse unha grande alegría pois David facía 1º e Rubén 2º.
En Promesas outro doblete rosaleiro xa qua Yasir voltaba de novo o máis alto do "caixón" e era acompañado polo seu compañeiro David Rodríguez que facía 2º. Na categoría feminina Laura Teniente tamén se facía cunha merecida vitória ainda que non se vise recompensada cun trofeo.
En Principiantes Feminino Irea Villa tamén acadaba o 2º posto.
Xa na categoría Alevín, Mario Fernández remataba 19º e María Correa 20ª absoluta e 3ª Fémina.
En Infantís Xoel Villa remataba 20º, Manuel Dorna 21º, Ero Sobrino 23º, Zaida González 24ª e tamén se facía coa vitória en Féminas, Claudia Portela 26ª i Elsa Portela 27ª.
En Cadetes Cristobal Coimbra remataba 34º e Raúl Fernández quedaba as portas do Pódio e remataba 4º.
Fotos da carreira

No hay comentarios:

Publicar un comentario