Hoxe pola mañán en Codeseda (A Estrada) tiña lugar o CAMPIONATO DE GALICIA CONTRARELOXO INDIVIDUAL CADETE cun clima un chisco frío xa que orballaba e non lucía o sol.
En Feminino destacamos a gran actuación de Zaida González que despois dunha gran contrareloxo, quedaba as portas do Pódio e que por tan só once segundos tiña que conformarse co 4º posto.
En Masculino tanto Ero como Xoel daban todo de sí mesmos para rematar 24º e 32 respectivamente.
En Asturias os Júnior Toñi Portela e Raúl Fernández competían nun accidentado G.P. La Calzada puntuable para a Copa de España no que Raúl se atopaba involucrado nunha caída e remataba 27º mentras que Toñi remataba 14º.
Fotos do Campionato de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario