Raúl e Toñi foron convocados polo seleccionador galego para participar coa Selección Galega Júnior na Volta o Besaya en Cantabria entre os vindeiros dias 14, 15 e 16.
A primeira etapa terá un percorrido de 100,9 Kms. entre Los Corrales de Buelna e Bostronizo.
A segunda etapa constará de dous sectores e o primeiro será pola mañán cunha contrareloxo por equipos de 14 Kms. entre Comillas e Rulloba. Xá pola tarde disputarase o segundo sector e será aquí donde os nosos ciclistas van ter que empregarse a fondo pois vai ser un percorrido de 50,4 Kms. con saída en Santander e chegada no mítico Alto de Peña Cabarga.
Para rematar a volta será no domingo que se vai disputar outra dura etapa entre Cartes e Los Corrales sobre un percorrido de 97,2 Kms. cun porto de 1ª categoría, outro de segunda e dous máis de terceira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario