Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
sábado, 15 de junio de 2013
TRES NOVAS VITORIAS E UN SEGUNDO EN VIVEIRO (LUGO)
Unha representación do Club Ciclista O Rosal desprazouse a Viveiro co gallo do 30º G.P Ciclista de San Roque acadando de novo grandes resultados.
En Principiantes Sara Alvarez voltou a vencer en Féminas e en Masculino foi Luís Méndez o que traía o primeiro posto para O Rosal.
En Alevíns era Mario Fernándezo noso representante e acadaba o 7º posto.
En Infantís era de novo María Correa a que acadaba o 2º posto en Feminino e Manuel Dorna o 14º en Masculino.
Remataban os Cadetes e Zaida González facíase coa vitória en Feminino mentras que Ero Sobrino remataba 16º.
Por outra parte os Junior continúan na Vuelta al Besaya donde no día de hoxe disputaron a segunda etapa. Pola mañán disputaban unha contrareloxo por equipos e a Selección Galega remataba 7ª perdendo 46 segundos e pola tarde disputaban unha etapa moi dura e Antonio Portela remataba 31º a 1:52 do vencedor mentras que Raúl Fernández entraba 46º a 2:31. Con éstes tempos, Portela queda 23º na Xeral a 2:19 e Raúl 36º a 3:55. Raúl tamén queda 7º en Júnior de primeiro ano mentras que Toñi baixa o 8º posto na Xeral de Regularidade e tamén 8º na Xeral da Montaña mentras que na Xeral das Metas Volantes conserva o 2º posto.
Fotos da carreira
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario