Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
lunes, 24 de junio de 2013
CLASIFICACIÓN DEFINITIVA TROFEO SPONSOR (PADRÓN)
Unha vez que xa dispoñemos das clasificacións da carreira de Padrón, imos publicar como quedaron os nosos ciclistas, ainda que tamén queremos suliñar que o Club Ciclista Padronés, organizador da proba non tivo a ben de destinar trofeos as Féminas, polo que Sara Alvarez quedouse sin subir o Pódio, o mesmo que as outras once Féminas de outros Clubes que tiñan dereito o trofeo.
Como xa comentabamos na entrada anterior, en Principiantes Luís era 2º, Yasir 3º, David Rodríguez 7º, Rubén Carnero 8º, Adrian Alonso 16º, David Carnero 26º e Sara 41ª na xeral o cometer dous erros e 3ª Fémina.
En Alevíns, Mario era 2º, David Fletcher que a piques estaba de subir o Pódio facía 4º, Iago Alvarez 14º e Irea Villa 33º xeral e 4º Fémina.
En Infantís Manuel Dorna era 20º, María Correa 34ª xeral e 4ª Fémina mentras que Fran Mendez quedaba descolgado i era baixado da carreira.
Remataban os Cadetes e o millor clasificado sería Ero Sobrino 25º, Zaida González 33ª e 5ª Fémina, Elsa Portela 34ª xeral e 6ª Fémina e Claudia Portela 36ª e 8ª Fémina mentras que Xoel Villa tamén quedaba descolgado da cabeza de carreira i era baixado da mesma.
Polo que respecta o Júnior Raúl Fernández que participou no Triptico Ruta do Albariño, unha vez resolta a clasificacíon da etapa Cambados-Cambados, acadou o 28º posto polo que na Xeral Final quedaba como 17º ademais de ser 12º Júnior e 3º Júnior de primeiro ano.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario