Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 9 de junio de 2013
VITORIAS DE YASIR E SARA NO XXII TROFEO PISTA DAS FAIAS
Hoxe sabado pola tarde o Club Ciclista O Rosal organizou o XXII TROFEO PISTA DAS FAIAS para as categorías de Principiantes, Alevíns e Infantís donde os nosos ciclistas acadaron cinco novos Pódios dos cuales dous foron vitórias.
Comenzaron os Principiantes coa Ximcana e a nosa representante Sara Alvarez continúa a contar por vitorias as suas participacións pois leva cinco de cinco en Féminas.
Xa en Masculino, Yasir Martínez voltaba o máis alto o facerse cunha vitória incontestable. Outro que tamén voltaba o Pódio era David Rodríguez co 2º posto mentras os irmáns Carnero Taveira tamén realizaban unha gran actuación o rematar 4º Rubén e 5º David. Alberto García era brillante 7º e Iker Rodríguez mostraba a súa progresión o rematar 8º mentras que dous dos favoritos a estar no "caixón" como son Luís Mendez e Sergio Vicente, cometían sendos erros e remataban 11º e14º respectivamente seguidos de Adrian Alonso 17º e David Vicente 37º.
Pola Súa parte os Alevíns realizaban unha moi boa carreira xa que en Féminas Irea Villa remataba 4ª mentras que en Masculino Mario Fernández subía o Pódio co 3º posto seguido de David Fletcher 5º e Iago Alvarez 8º.
En infantís Feminino, María Correa tamén subía o Pódio co 2º posto mentras que en Masculino unha caída a duas voltas do final, provocaba que se tivese que suspender a carreira e tanto Manuel Dorna como Fran Mendez, non estén clasificados.
Mentras todo isto acontecía no Rosal, en Asturias competían os Júnior Raúl Fernández e Antonio Portela no XVI GRAN PRÉMIO VICENTE LÓPEZ CARRIL en Candás cuns fantasticos 5º posto para Portela e o 8º para Raúl. No día de mañán continuarán por terras asturianas competindo no XXII GRAN PREMIO CICLISTA LA CALZADA puntuable para a Copa de España.
Pola súa banda os Cadetes Zaida Martínez, Ero Sobrino e Xoel Villa desprazaranse ate A Estrada para disputar o Campionato de Galicia de Cotrareloxo Individual.
Fotos da carreira das Faias
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario