Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 31 de agosto de 2013

ÉPICA VITÓRIA DE MARÍA CORREA NO TROFEO VIRXE DO PORTO DE MARÍN


Na tarde-noite de onte disputóuse o Trofeo Virxe do Porte do Marín donde hay que salientar a proeza de María Correa na categoría Infantíl Feminino que despois de deixar atrás as suas rivais e marchar en cabeza, un dos participantes masculinos realizaba unha manobra moi arriscada e levaba o chan a María e outros tres corredores polo que María era ultrapasada polas suas rivais, pois tiña problemas físicos e mecánicos na súa bicicleta. Con toda a coraxe que a caracteriza levantábase e votando todo o que lle quedaba dentro, voltaba a pasar as rivais e situabase de novo en cabeza para facerse con ésta merecida e sofrida vitória. Os seus compañeiros de categoría Masculina, Manuel Dorna e Fran Mendez remataban nos postos 15º e 21º respectivamente.
En Alevíns salientar tamén o traballo de todo o equipo, pois en Masculino Mario Fernández remataba 6º, David Fletcher 7º e Iago Alvarez 12º mentras que a Fémina Irea Villa acadaba o 4º posto.
En Cadetes, Xoel Villa remataba 25º seguido do seu compañeiro Ero Sobrino 26º e con Zaida González como 4ª en Féminas
Remataban os Principiantes coa súa habitual Ximcana e Sara Alvarez era a millor clasificada o rematar 9ª absoluta, o que lle valía para facerse co 2º posto de Féminas. Despois de Sara, sería Adrian Alonso que nunha moi boa actuación remataba 12º seguido dos compañeiros Luís Mendez e Yasir Martínez que cometían sendos erros que lles custaba finalizar nos posto 19º e 20º respectivamente.
Debido a que a meirande parte da carreira transcurriu en horario nocturno e con pouca visibilidade, pedimos disculpas pola escasa reportaxe fotográfica da carreira.

lunes, 26 de agosto de 2013

ANTONIO PORTELA 11º NO CAMPIONATO DE ESPAÑA JÚNIOR


Ëste domingo Antonio Portela repetía o 11º posto do pasado venres na crono, ainda que desta volta era na proba en liña.
Aquí vos deixamos co relato da RFEC traducido o galego.


A proba masculina, disputada sobre sete voltas, foi unha carreira por eliminación ata que se formou o grupo de dez unidades que se xogaría a carreira nos últimos quilómetros: Iván García (Asturias), Abel Gonzalo (Castela e León), Alex Aramburu (Euskadi), Antonio Pérez (Madrid), Cristian Rodríguez (Andalucía), Cristian Torres (Comunidade Valenciana), Enric Mas (Baleares), Gerard Armillas e David Calmaestra (Cataluña) e Odei Juango (Navarra), con Antonio Portela (Galicia) pugnando, sen éxito, por entrar neste grupo no chairo, tras descolgarse no ascenso.

Quen máis, quen menos pensaba que o valenciano Torres era o favorito, pero a falta dun quilómetro atacaba o catalán Armillas e aínda que estivo a punto de ser neutralizado, aguantou ben ao grupo, aínda que non a habilidade do vasco Aramburu que lle superaba na parte final e se levaba o título, demostrándose a picardía deste corredor de Ezkio-Isaso que está a cumprir unha gran campaña, aínda que non competise moito fóra de Euskadi. Armillas conseguía a prata e Juango completaba o podio.

sábado, 24 de agosto de 2013

PLENO DOS BENXAMÍNS EN COTOGRANDE

Na tarde de hoxe co gallo do XVII TROFEO FESTAS DE VIGO,  os nosos Benxamíns facíanse ver e copaban os tres postos do Pódio pois Yarir Martínez era o vencedor  seguido no 2º posto por Luís Mendez e no 3º por David Rodríguez. Serían secundados por David Carnero 6º, Sergio Vicente 8º, Rubén Carnero 14º, Iker Rodríguez 16º, Adrián Alonso 17º, David Vicente 26º e Sara Alvarez 27ª e 3ª Fémina.
En Alevíns, Mario Fernández remataba a sua carreira no 7º posto e o Infantil Manuel Dorna 20º con María Correa como primeira Fémina.
Por outra banda temos que salientar a gran actuación de Antonio Portela que no día de onte en Murcia quedaba clasificado no 11º posto no Campionato de España de Contrareloxo Júnior. Mañán domingo vai disputar o Campionato de Estrada e que lle desexamos o millor dos resultados.

domingo, 18 de agosto de 2013

VITORIA DE MARÍA CORREA E SEGUNDO POSTO DE IREA VILLA EN LUOU (TEO)


Voltamos de Teo con dous novos Pódios trala disputa do 19º Trofeo Vila de Luou.
En Benxamíns tanto Luís Mendez como Adrian Alonso cometían un erro cada un na Ximcana e quedaban relegados os postos 8º e 24º respectivamente.
En Alevíns, gran carreira de David Fletcher  que entraba na 5ª posición mentras que Mario Fernández era 21º. En Feminino Irea Villa colleitaba outro posto no "caixón e de novo na 2º posición.
Os Infantís eran comandados por Manuel Dorna que remataba 15º seguido de Fran Mendez 17º. En Feminino era María Correa a que nos brindaba a única vitória da xornada o cruzar a liña de meta na 1ª posición, destacada das suas riváis.
Gran carreira de Ero Sobrino que remataba 17º en Cadetes despois de percorrer os 43 Kms. da carreira polas estradas da comarca mentras que Xoel Villa acadaba 25º posto e Zaida González o 4º en Feminino.
Fotos da carreira

sábado, 17 de agosto de 2013

ANTONIO PORTELA SUBCAMPIÓN DE GALICIA C.R.I.


Toñi Portela acadou na tarde de hoxe o Subcampionato de Galicia de Contrareloxo Individual Júnior que se celebrou en Cambre que foi gañado por Alexandre Rodríguez (C.C. Cambre).
Portela estivo todo o tempo con opcións de triunfo, pois mediada a carreira xa marcaba o segundo millor tempo e tan só perdía seis segundos con respecto o vencedor para rematar a proba nese segundo lugar a tan só 14" do primeiro posto.
En canto o seu compañeiro Raúl Fernández  mediada a carreira pasaba no 12º posto para o final rematar nunha óptima 15ª posición.
Tamén queremos felicitar dende aquí a Aser Estevez, que se formou no C.C. O Rosal e que se proclamou Campión de Galicia  C.R.I. Élite
Fotos do Campionato

jueves, 15 de agosto de 2013

SEIS NOVOS PODIOS EN VIANA DO CASTELO

Na mañán de hoxe tocou cruzar o Miño para a disputa do 38º CIRCUITO DE SANTA MARTA DE PORTUZELO en Viana do Castelo con seis novos Pódios d@s rosaleir@s.
En Principiantes Yasir Martínez era 2º mentras que Luis Mendez facía 3º e David Rodríguez 6º con Laura Teniente no 3º posto do "caixón" en Feminino.
En Alevíns Feminino, Pódio de novo para Irea Villa, desta vez no 3º posto mentras que en Masculino o rosaleiro mais rápido era David Fletcher no 13º posto e Iago Lomba no 19º.
En Infantís era María Correa quien voltaba o Pódio o rematar 3ª en Feminino mentras que en Masculino Manuel Dorna remataba 40º e Fran Mendez 62º.
Os Cadetes Ero Sobrino e Xoel Villa remataban 38º e 40º respectivamente mentras que en Feminino Zaida González a piques estaba de facerse coa vitória pero o fin tiña que conformarse co 2º posto.
 O Júnior Antonio Portela nun apretado esprint final acadaba o 6º posto.
Fotos da carreira 

domingo, 11 de agosto de 2013

45º GRAN PREMIO DO ALBARIÑO (CAMBADOS)

O
O 45º GRAN PREMIO DO ALBARIÑO disputábase na tarde onte en Cambados con seis novos Pódios ainda que catro deles non recibiron o premio o non haber trofeos para as Féminas.
En Benxamíns David Rodríguez voltaba a repetir Pódio o rematar no 2º posto o mesmo que Luis Mendez que era 3º mentras que David Carnero era 6º, Sara Alvarez 9ª e 1ª Fémina, Adrian Alonso 11º, Yasir Martinez que era o mais rápido pero que cometía un erro no derradeiro obstaculo que lle custaba rematar no 14º posto, continuaba Rubén Carnero no 17º e Laura Teniente 29ª absoluta e 2ª Fémina.
En Alevíns era Iago Alvarez o millor clasificado que nunha chegada de "foto finish" a piques estaba de colleitar postos de honra , clasificandose 4º. David Fletcher sería 6º e Mario Fernández 9º mentras que en Feminino Irea Villa repetía o posto acadado na Guarda e facía 2ª.
En Infantís Fran Mendez colleitaba o 29º posto mentras que en Feminino María Correa era 2ª.
Xa en Cadetes Ero Sobrino acadaba o 18º posto e o 19º para Xoel Villa mentras que Zaida Martínaez facía 4ª en Feminino.
Remataban os Júnior con Toñi Portela no 4º posto e raúl Fernández no 8º.
Fotos da carreira

viernes, 9 de agosto de 2013

NOVO ÉXITO DOS ROSALEIROS NO XXVII TROFEO FESTAS DO MONTE

Gran tarde de ciclismo no  XXVII TROFEO FESTAS DO MONTE organizado polo Club Ciclista O Rosal coa presenza de preto de 200 corredor@s que chegaban de toda a xeografía galega, de Portugal, Cataluña e Francia e tamén destacar a gran asistencia de público, pois a tarde era a propícia para o ciclismo.
Comenzaban os Benxamíns e de novo Yasir voltaba a vencer nesta tempada na que se está a demostrar  como o gran dominador que desta volta era acompañado no Pódio co seu compañeiro David Rodríguez que se facía co 3º posto mentras que Luís Mendez era 4º, Rubén e David Carnero eran 7º e 8º respectivamente, Sergio Vicente 15º, Adrian Alonso 18º, Iker Rodríguez 24º, Alberto García 25º, o recién chegado Pablo Rodríguez 26º e David Vicente 32º. En Féminas a loita pola vitória centrábase nas duas compañeiras do C.C. O Rosal e o final era Laura Teniente a que se lebava a vitória mentras que Sara alvarez era 2º.
En Alevíns David Fletcher saía coa intención de subir o pódio diante do seu público pero o final tiña que conformarse co 7º posto con Iago Alvarez no 9º e Mario Fernández 19º. En Feminino Irea Villa saía moi retrasada para co paso das voltas ir remontando posicións e rematar con outro Pódio, concretemente no 2º posto.
Os Infantís Manuel Dorna e Fran Mendez remataban 23º e 39º respetivamente mentras que en feminino María Correa voltava o "caixon" co 3º posto acadado.
Ero Sobrino era o millor Cadete no 25º posto e Xoel Villa remataba 32º. En Feminino Zaida González a piques estaba de acadar postos de honor o rematar 4ª.
Rematarían os Júnior donde tanto Raúl Fernández como Antonio Portela saían coa intención de subir o Pódio pero foi éste último e que o conseguíu o rematar 3º mentras que Raúl remataba 10º.
Fotos da carreira
Galería de Fernando Fernández
 

miércoles, 7 de agosto de 2013

XXVII TROFEO FESTA DO MONTE SANTA TREGA

O Club Ciclista O Rosal organiza na tarde de mañán o xa mítico TROFEO FESTA DO MONTE SANTA TREGA na súa XXVII edición no tradicional circuito da Sangriña para as categorías de Benxamíns, Alevíns,
Infantís, Cadetes e Júnior.


domingo, 4 de agosto de 2013

NOVA VITORIA DE YASIR E PODIOS TAMEN PARA IREA E LUÍS EN NEGREIRA

Na tarde de onte os nosos ciclistas disputaban o I TROFEO C.C. NEGREIRA (A CORUÑA) e en Benxamíns Yasir voltaba a vencer de forma clara mentras que o seu compañeiro Luís Mendez tamén cunha gran actuación, acompañabao no Pódio co segundo posto mentras que Adrian Alonso era 15º. En Féminas Sara Alvarez que desta volta cometía dous erros, remataba 4ª.
En Alevíns chegaba o outro Pódio cunha gran Irea Villa que acadaba o 2º posto en Feminino e en Masculino David Fletcher remataba 7º e Iago Alvarez 13º.
En Infantís 17º posto para Manuel Dorna e 31º para Fran Mendez.
Os Cadetes eran os encarregados de rematar a tarde i Ero Sobrino acadaba o 17º e Xoel Villa o 24º mentras que en Feminino Zaida González remataba 4ª.

 CAMPIONATO DE GALICIA EN ESTRADA
Por outra banda na mañán de hoxe en Carballo era a a disputa do CAMPIONATO DE GALICIA EN ESTRADA o que nos levaba alí e as cousas non sairon como se espraba, pois a idea era a de voltar con algún Pódio pero non foi así.
En Cadetes Feminino Zaida remataba 4ª mentras que en Masculino Ero acadaba o 16º posto e Xoel o 27º.
En Júnior Antonio Portela remataba nun óptimo 6º posto mentras que Raúl Fernádez se facía co 19º.
Fotos de Negreira
Fotos de Carballo