Gran tarde de ciclismo no XXVII TROFEO FESTAS DO MONTE organizado polo Club Ciclista O Rosal coa presenza de preto de 200 corredor@s que chegaban de toda a xeografía galega, de Portugal, Cataluña e Francia e tamén destacar a gran asistencia de público, pois a tarde era a propícia para o ciclismo.
Comenzaban os Benxamíns e de novo Yasir voltaba a vencer nesta tempada na que se está a demostrar como o gran dominador que desta volta era acompañado no Pódio co seu compañeiro David Rodríguez que se facía co 3º posto mentras que Luís Mendez era 4º, Rubén e David Carnero eran 7º e 8º respectivamente, Sergio Vicente 15º, Adrian Alonso 18º, Iker Rodríguez 24º, Alberto García 25º, o recién chegado Pablo Rodríguez 26º e David Vicente 32º. En Féminas a loita pola vitória centrábase nas duas compañeiras do C.C. O Rosal e o final era Laura Teniente a que se lebava a vitória mentras que Sara alvarez era 2º.
En Alevíns David Fletcher saía coa intención de subir o pódio diante do seu público pero o final tiña que conformarse co 7º posto con Iago Alvarez no 9º e Mario Fernández 19º. En Feminino Irea Villa saía moi retrasada para co paso das voltas ir remontando posicións e rematar con outro Pódio, concretemente no 2º posto.
Os Infantís Manuel Dorna e Fran Mendez remataban 23º e 39º respetivamente mentras que en feminino María Correa voltava o "caixon" co 3º posto acadado.
Ero Sobrino era o millor Cadete no 25º posto e Xoel Villa remataba 32º. En Feminino Zaida González a piques estaba de acadar postos de honor o rematar 4ª.
Rematarían os Júnior donde tanto Raúl Fernández como Antonio Portela saían coa intención de subir o Pódio pero foi éste último e que o conseguíu o rematar 3º mentras que Raúl remataba 10º.
Fotos da carreira
Galería de Fernando Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario