Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
lunes, 26 de agosto de 2013
ANTONIO PORTELA 11º NO CAMPIONATO DE ESPAÑA JÚNIOR
Ëste domingo Antonio Portela repetía o 11º posto do pasado venres na crono, ainda que desta volta era na proba en liña.
Aquí vos deixamos co relato da RFEC traducido o galego.
A proba masculina, disputada sobre sete voltas, foi unha carreira por eliminación ata que se formou o grupo de dez unidades que se xogaría a carreira nos últimos quilómetros: Iván García (Asturias), Abel Gonzalo (Castela e León), Alex Aramburu (Euskadi), Antonio Pérez (Madrid), Cristian Rodríguez (Andalucía), Cristian Torres (Comunidade Valenciana), Enric Mas (Baleares), Gerard Armillas e David Calmaestra (Cataluña) e Odei Juango (Navarra), con Antonio Portela (Galicia) pugnando, sen éxito, por entrar neste grupo no chairo, tras descolgarse no ascenso.
Quen máis, quen menos pensaba que o valenciano Torres era o favorito, pero a falta dun quilómetro atacaba o catalán Armillas e aínda que estivo a punto de ser neutralizado, aguantou ben ao grupo, aínda que non a habilidade do vasco Aramburu que lle superaba na parte final e se levaba o título, demostrándose a picardía deste corredor de Ezkio-Isaso que está a cumprir unha gran campaña, aínda que non competise moito fóra de Euskadi. Armillas conseguía a prata e Juango completaba o podio.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario