Na tarde-noite de onte disputóuse o Trofeo Virxe do Porte do Marín donde hay que salientar a proeza de María Correa na categoría Infantíl Feminino que despois de deixar atrás as suas rivais e marchar en cabeza, un dos participantes masculinos realizaba unha manobra moi arriscada e levaba o chan a María e outros tres corredores polo que María era ultrapasada polas suas rivais, pois tiña problemas físicos e mecánicos na súa bicicleta. Con toda a coraxe que a caracteriza levantábase e votando todo o que lle quedaba dentro, voltaba a pasar as rivais e situabase de novo en cabeza para facerse con ésta merecida e sofrida vitória. Os seus compañeiros de categoría Masculina, Manuel Dorna e Fran Mendez remataban nos postos 15º e 21º respectivamente.
En Alevíns salientar tamén o traballo de todo o equipo, pois en Masculino Mario Fernández remataba 6º, David Fletcher 7º e Iago Alvarez 12º mentras que a Fémina Irea Villa acadaba o 4º posto.
En Cadetes, Xoel Villa remataba 25º seguido do seu compañeiro Ero Sobrino 26º e con Zaida González como 4ª en Féminas
Remataban os Principiantes coa súa habitual Ximcana e Sara Alvarez era a millor clasificada o rematar 9ª absoluta, o que lle valía para facerse co 2º posto de Féminas. Despois de Sara, sería Adrian Alonso que nunha moi boa actuación remataba 12º seguido dos compañeiros Luís Mendez e Yasir Martínez que cometían sendos erros que lles custaba finalizar nos posto 19º e 20º respectivamente.
Debido a que a meirande parte da carreira transcurriu en horario nocturno e con pouca visibilidade, pedimos disculpas pola escasa reportaxe fotográfica da carreira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario