Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 18 de agosto de 2013

VITORIA DE MARÍA CORREA E SEGUNDO POSTO DE IREA VILLA EN LUOU (TEO)


Voltamos de Teo con dous novos Pódios trala disputa do 19º Trofeo Vila de Luou.
En Benxamíns tanto Luís Mendez como Adrian Alonso cometían un erro cada un na Ximcana e quedaban relegados os postos 8º e 24º respectivamente.
En Alevíns, gran carreira de David Fletcher  que entraba na 5ª posición mentras que Mario Fernández era 21º. En Feminino Irea Villa colleitaba outro posto no "caixón e de novo na 2º posición.
Os Infantís eran comandados por Manuel Dorna que remataba 15º seguido de Fran Mendez 17º. En Feminino era María Correa a que nos brindaba a única vitória da xornada o cruzar a liña de meta na 1ª posición, destacada das suas riváis.
Gran carreira de Ero Sobrino que remataba 17º en Cadetes despois de percorrer os 43 Kms. da carreira polas estradas da comarca mentras que Xoel Villa acadaba 25º posto e Zaida González o 4º en Feminino.
Fotos da carreira

No hay comentarios:

Publicar un comentario