Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 31 de mayo de 2014

PRESELECCIONADOS PARA OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA

María Correa e Mario Fernández en Infantís e Zaida González en Cadetes veñen de ser preseleccionados para participar coa Selección Galega nos Campionatos de España en Idade Escolar a disputar entre o 4 e o 6 de xullo en Jaén.
Noraboa

domingo, 25 de mayo de 2014

TROFEO CONCELLO DE CARBALLO

No Trofeo Concello de Carballo o C.C. O Rosal acudía con oito ciclistas e María Correa e Zaida González  eran a millores clasificadas o rematar no terceiro posto das suas categorías aínda que non viron a recompensa, pois en Carballo só premiaban a primeira Fémina.
En Alevíns Iago Alvarez a piques estaba de colleitar "premio" o rematar no 4º posto mentras que en Infantís Mario Fernández remataba 19º e a xá comentada María no 3º posto de Féminas.
Os Cadetes realizaban un percorrido de 37 Kms. pola comarca de Bergantiños donde Ero Sobrino chegaba a meta enrolado no pelotón colleitando finalmente o 23º posto. Manuel Dorna e Xoel Villa quedaban descolgados e remataban 34º e 35º respectivamente.
As Cadete, Júnior i Elite de Féminas competían todas xuntas co mesmo percorrido que os Cadetes Masculinos e Zaida González remataba 8ª absoluta e 3ª cadete.
En Junior Raúl Fernández realizaba un percorrido de 76 Kms.acadando o 8º posto na liña de meta.
Fotos da Carreira

sábado, 17 de mayo de 2014

PLENO DO C.C.O ROSAL NO PODIO DE PRINCIPIANTES NAS FAIAS



No XXIII TROFEO PISTA DE AS FAIAS, os principiantes do Club Ciclista O Rosal facían pleno o arrasar cos tres primeiros postos.
O primeiro era Yasir Martínez que conta as suas participacións con vitórias, segundo era o gran David Rodríguez e no terceiro posto saltaba a sorpresa pois Pablo Rodríguez debutaba no día de hoxe na competición oficial e colleitaba ese gran terceiro posto do "caixón". Iker Rodríguez que cometía un par de erros rematada no 9º posto.
En Alevíns Luis Mendez remataba  9º e Adrian Alonso 20º. En Féminas Irea Villa conseguía nun gran eprint final facerse co 3º posto do Pódio mentras que as suas compañeiras Laura Teniente e Sara Alvarez remataban 6ª e 7ª respectivamente.
En Infantís era María Correa en Féminas a que tamén subía o "caixón", concretamente no 2º posto mentras que os seus compañeiros maculinos remataban con Mario Fernández no 14º posto, David Fletcher 18º e Fran Mendez 19º.
Fotos da carreira

domingo, 11 de mayo de 2014

VOLTAMOS DE PADRÓN CON CINCO NOVOS PÓDIOS


A xornada de onte estaba dividida en dúas metades e as dúas na provincia de a Coruña, pola mañán en Rois e pola tarde en Padrón.
Comenzaba pola mañán no Concello de Rois coa disputa do VI Trofeo San Isidro para a categoría Júnior e alí acudía Raúl Fernández que mediada a carreira e por problemas macánicos na súa "máquina", víase obrigado a abandonar a carreira.
Xa pola tarde no veciño Concello de Padrón eran o resto das categorías as que compatían
e  en Principiantes Yasir Martínez resarcíase do  erro dos colexiados na pasada fin de semana en Boiro e desta vez sí que subía o Pódio como incontestable primeiro clasificado, sendo acompañado polo seu compañeiro David Rodríguez que se facía cun gran segundo posto. Pola súa parte os irmáns Carnero Taveira cometían un erro cada un , o que os relegaba ata os postos 16º e 17º para Rubén e David respectivamente.
En Alevíns era Iago Alvarez o que subía o "caixón" o entrar 3º nun disputadísimo esprint final. Luís Mendez entraba no 15º posto, Irea Villa 34ª (4ª Fémina), Laura Teniente 36ª (5ª Fémina) e Adrián Alonso 37º.
En Infantís Mario Fernández remataba a carreira no 24º posto mentras que María Correa era 26ª e 2ª Fémina, David Fletcher 34º e Fran Mendez 35º.
Os Cadetes eran os encargados de pechar a tarde de competicións e por fín os nosos representantes estaban a altura das circunstancias o estar toda a carreira en postos de cabeza e rematar nun apretadísimo esprint final do pelotón donde Xoel Villa acadaba a súa millor clasificación na categoría o rematar no 12º posto mentras que Ero Sobrino entraba 18º, Manuel Dorna 27º e Zaida González 30ª e 3ª Fémina.
Tanto Zaida como María non tiveron trofeo xa que nesta carreira só se premiaba a primeira clasificada de cada categoría.
O vindeiro sabado a partir das cinco da tarde o Club Cicliasta O Rosal vai organizar o tradicional Trofeo Pista de As Faias na súa 23ª edición para as categorías de Principiantes, Alevíns e Infantís.
Dende o C.C. O Rosal quérese destacar seu compromiso en pro da promoción do ciclismo Feminino en igualdade co Masculino e nas carreiras de As Faias éste Clube vai facer entrega de Trofeos as tres primeiras clasificadas de cada categoría como os que reciben os seus compañeiros masculinos.
Fotos de Padrón

domingo, 4 de mayo de 2014

O JÚNIOR RAÚL FERNÁNDEZ COA SELECCIÓN GALEGA EN GUIPUZCOA

                                                        Foto F.G.C.
Formando parte da Selección Galega Júnior, o rosaleiro Raúl Fernández disputou onte a XX GUIPUZKOA
KLASIKA na localidade de Lazkao nunha mañán de choiva de principio a fin donde tomaban a saída un total de 179 ciclistas co gran 34º posto final acadado por Raúl.




sábado, 3 de mayo de 2014

VITORIA DE MARIA CORREA E SEGUNDO POSTO DE NOVO PARA RUBEN CARNERO EN BOIRO



No 27º Trofeo Promoción do Ciclismo de Boiro (A Coruña), gran decepción para o Principiante e gran favoritoYasir Martínez  e os afeccionados rosaleiros pois despois de facer unha ximcana impecable co millor tempo, inexplicablemente os Xuices Arbitros atribuianlle un erro no disparo da pelota a portería cando na realidade todo o público vira que non tiña cometido ningún erro e a pesares das reclamacións pertinentes, estas non tiveron éxito e Yasir de vencedor pasaba o 11º posto.
A satisfacción chegaba de parte dos irmáns Carnero Taveira pois Rubén voltaba de novo o pódio co segundo posto e David a piques estaba de acompañalo o rematar 4º. Cun gran percorrido pero cun fallo na Garrafa, Iker Rodríguez remataba 13º.
En Alevíns un combativo Luís Mendez que vai mostrando o seu adatamento a categoría, remataba nun gran 12º posto e Adrian Alonso era 32º mentras que Irea Villa era 31º absoluta e 5ª Fémina e Sara Alvarez 36ª absoluta e 6ª Fémina.
Nesta carreira de Boiro non había clasificación independente para as Féminas o que lle impedíu a Infantíl María Correa subir o Pódio o rematar como primeira Fémina e 29ª absoluta.
En Masculino Mario Fernández remataba 10º e Fran Mendez 36º.
Remataban os Cadetes cunha proba de 51 Kms. polas estradas da comarca do Barbanza e no primeiro kilómetro Ero Sobrino sofría unha avaría mecánica que o obrigaga o abandono mentras que os seus compañeiros Xoel Villa, Manuel Dorna e Zaida González mediada a carreira, eran baixados da mesma o perder contacto co pelotón.
Só nos queda animar a Yasir para axudalo a superar o mal trago que sofréu oxe.
ANIMO YASIR!!!!!
Fotos da carreira     

jueves, 1 de mayo de 2014

37º TROFEO VILA DO LOURO CON VITORIA DE YASIR E SEGUNDO DE RUBÉN

Na mañán de oxe  disputouse en Porriño o 37º Trofeo Vila do Louro para escolas que daba o pistoletazo de saída o Calendario Galego de Estrada e os nosos comenzaban como remataron a tempada pasada, é decir, no Pódio.
Nos Principiantes un gran Yasir saía como un foguete e facíase coa vitória claramente mentras que o seu compañeiro Rubén Carnero comenzaba a tempada tamen no Pódio o rematar nun fantástico 2º posto. Iker Rodríguez a piques estaba de acompañar os seus compañeiros no "caixón" o rematar no 4º posto mentras que David Rodríguez era 11º, David Carnero 17º, sergio Vicente 18º, e David Vicente 30º.
En Alevíns gran carreira de Iago Alvarez que remataba 5º, Luís Mendez 16º e Adrian Alonso 30º. En Féminas Irea Villa era 5ª , Laura Teniente 6ª e Sara Alvarez 8ª.
Remataban os Infatís con David fletcher no 17º posto e Fran Mendez no 19 mentras que a Fémina María Correa remataba 6ª.
Fotos da carreira