No Trofeo Concello de Carballo o C.C. O Rosal acudía con oito ciclistas e María Correa e Zaida González eran a millores clasificadas o rematar no terceiro posto das suas categorías aínda que non viron a recompensa, pois en Carballo só premiaban a primeira Fémina.
En Alevíns Iago Alvarez a piques estaba de colleitar "premio" o rematar no 4º posto mentras que en Infantís Mario Fernández remataba 19º e a xá comentada María no 3º posto de Féminas.
Os Cadetes realizaban un percorrido de 37 Kms. pola comarca de Bergantiños donde Ero Sobrino chegaba a meta enrolado no pelotón colleitando finalmente o 23º posto. Manuel Dorna e Xoel Villa quedaban descolgados e remataban 34º e 35º respectivamente.
As Cadete, Júnior i Elite de Féminas competían todas xuntas co mesmo percorrido que os Cadetes Masculinos e Zaida González remataba 8ª absoluta e 3ª cadete.
En Junior Raúl Fernández realizaba un percorrido de 76 Kms.acadando o 8º posto na liña de meta.
Fotos da Carreira
No hay comentarios:
Publicar un comentario