Comenzaba pola mañán no Concello de Rois coa disputa do VI Trofeo San Isidro para a categoría Júnior e alí acudía Raúl Fernández que mediada a carreira e por problemas macánicos na súa "máquina", víase obrigado a abandonar a carreira.
Xa pola tarde no veciño Concello de Padrón eran o resto das categorías as que compatían
e en Principiantes Yasir Martínez resarcíase do erro dos colexiados na pasada fin de semana en Boiro e desta vez sí que subía o Pódio como incontestable primeiro clasificado, sendo acompañado polo seu compañeiro David Rodríguez que se facía cun gran segundo posto. Pola súa parte os irmáns Carnero Taveira cometían un erro cada un , o que os relegaba ata os postos 16º e 17º para Rubén e David respectivamente.
En Alevíns era Iago Alvarez o que subía o "caixón" o entrar 3º nun disputadísimo esprint final. Luís Mendez entraba no 15º posto, Irea Villa 34ª (4ª Fémina), Laura Teniente 36ª (5ª Fémina) e Adrián Alonso 37º.
En Infantís Mario Fernández remataba a carreira no 24º posto mentras que María Correa era 26ª e 2ª Fémina, David Fletcher 34º e Fran Mendez 35º.
Os Cadetes eran os encargados de pechar a tarde de competicións e por fín os nosos representantes estaban a altura das circunstancias o estar toda a carreira en postos de cabeza e rematar nun apretadísimo esprint final do pelotón donde Xoel Villa acadaba a súa millor clasificación na categoría o rematar no 12º posto mentras que Ero Sobrino entraba 18º, Manuel Dorna 27º e Zaida González 30ª e 3ª Fémina.
Tanto Zaida como María non tiveron trofeo xa que nesta carreira só se premiaba a primeira clasificada de cada categoría.
O vindeiro sabado a partir das cinco da tarde o Club Cicliasta O Rosal vai organizar o tradicional Trofeo Pista de As Faias na súa 23ª edición para as categorías de Principiantes, Alevíns e Infantís.
Dende o C.C. O Rosal quérese destacar seu compromiso en pro da promoción do ciclismo Feminino en igualdade co Masculino e nas carreiras de As Faias éste Clube vai facer entrega de Trofeos as tres primeiras clasificadas de cada categoría como os que reciben os seus compañeiros masculinos.
Fotos de Padrón
No hay comentarios:
Publicar un comentario