Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
sábado, 17 de mayo de 2014
PLENO DO C.C.O ROSAL NO PODIO DE PRINCIPIANTES NAS FAIAS
No XXIII TROFEO PISTA DE AS FAIAS, os principiantes do Club Ciclista O Rosal facían pleno o arrasar cos tres primeiros postos.
O primeiro era Yasir Martínez que conta as suas participacións con vitórias, segundo era o gran David Rodríguez e no terceiro posto saltaba a sorpresa pois Pablo Rodríguez debutaba no día de hoxe na competición oficial e colleitaba ese gran terceiro posto do "caixón". Iker Rodríguez que cometía un par de erros rematada no 9º posto.
En Alevíns Luis Mendez remataba 9º e Adrian Alonso 20º. En Féminas Irea Villa conseguía nun gran eprint final facerse co 3º posto do Pódio mentras que as suas compañeiras Laura Teniente e Sara Alvarez remataban 6ª e 7ª respectivamente.
En Infantís era María Correa en Féminas a que tamén subía o "caixón", concretamente no 2º posto mentras que os seus compañeiros maculinos remataban con Mario Fernández no 14º posto, David Fletcher 18º e Fran Mendez 19º.
Fotos da carreira
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario