Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 3 de mayo de 2014

VITORIA DE MARIA CORREA E SEGUNDO POSTO DE NOVO PARA RUBEN CARNERO EN BOIRO



No 27º Trofeo Promoción do Ciclismo de Boiro (A Coruña), gran decepción para o Principiante e gran favoritoYasir Martínez  e os afeccionados rosaleiros pois despois de facer unha ximcana impecable co millor tempo, inexplicablemente os Xuices Arbitros atribuianlle un erro no disparo da pelota a portería cando na realidade todo o público vira que non tiña cometido ningún erro e a pesares das reclamacións pertinentes, estas non tiveron éxito e Yasir de vencedor pasaba o 11º posto.
A satisfacción chegaba de parte dos irmáns Carnero Taveira pois Rubén voltaba de novo o pódio co segundo posto e David a piques estaba de acompañalo o rematar 4º. Cun gran percorrido pero cun fallo na Garrafa, Iker Rodríguez remataba 13º.
En Alevíns un combativo Luís Mendez que vai mostrando o seu adatamento a categoría, remataba nun gran 12º posto e Adrian Alonso era 32º mentras que Irea Villa era 31º absoluta e 5ª Fémina e Sara Alvarez 36ª absoluta e 6ª Fémina.
Nesta carreira de Boiro non había clasificación independente para as Féminas o que lle impedíu a Infantíl María Correa subir o Pódio o rematar como primeira Fémina e 29ª absoluta.
En Masculino Mario Fernández remataba 10º e Fran Mendez 36º.
Remataban os Cadetes cunha proba de 51 Kms. polas estradas da comarca do Barbanza e no primeiro kilómetro Ero Sobrino sofría unha avaría mecánica que o obrigaga o abandono mentras que os seus compañeiros Xoel Villa, Manuel Dorna e Zaida González mediada a carreira, eran baixados da mesma o perder contacto co pelotón.
Só nos queda animar a Yasir para axudalo a superar o mal trago que sofréu oxe.
ANIMO YASIR!!!!!
Fotos da carreira     

No hay comentarios:

Publicar un comentario