Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 2 de agosto de 2015

NOVA VITORIA DE ZAIDA NO BTT XCO DE RIANXO


Onte pola tarde seis dos nosos ciclistas partían cara a Cambre e os Junior cara a Rianxo para participar en probas de Estrada e Btt respectivamente.

As catro da tarde daba comenzo XVI G.P. CONCELLO DE CAMBRE donde os primeiros en tomar a saída eran os Infantísdonde Diego Santomé e Mario Fernández loitaron pola vitória ata os derradeiros metros, pois na última volta o circuito Diego encabezaba a carreira e Mario o seguía na terceira posición pero no esprint final eran superados pola "competencia" e rematarían 7º Diego e 9º Mario con Iago Alvarez 21º mentras que a Fémina Irea Villa remataba 6ª na súa categoría.

Logo para rematar era a volta da categoría Cadete donde María Correa remataba 5ª mentras que en Masculino Manuel Dorna voltava a deleitarnos coa súa loita polos primeiros postos para logo acadar o 12º posto final.

 Mentras isto acontecía en Cambre, en Rianxo os Júnior participaban no 4º trofeo Castro Barbudo de BTT XCO en Taragoña donde se iniciaba a proba coa mala fortuna en forma de rotura de cadea de Adrián Santomé xa na primeira volta e ainda que logo retomóu a competición con outra "maquina" de reserva, sería baixado da carreira e non clasificaba. Mentras isto lle acontecía a Adrián, Xoel Villa ramataba nun gran 5º posto, o mesmo que Ero Sobrino que sería 6º.
A festa final estaba reservada para Zaida González que en Feminino daba todo un recital e vencía con grande autoridade, vitória que lle valía para adxudicarse o 2º posto do Ranking a pesar de non ter participado en tódalas carreiras. Noraboa.
Fotos de Cambre
Fotos de Rianxo

No hay comentarios:

Publicar un comentario