Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 30 de agosto de 2015
PODIO DOS IRMANS CARNERO TAVEIRA, MARÍA E ZAIDA EN VIGO
Na rua García Barbón disputouse na tarde de onte o XLII G.P. Cidade de Vigo con dous novos pódios dos nosos ciclistas Principiantes.
En Promesas Pablo Rodríguez cometía un erro na ximcana que lle custaba baixar o 8º posto mentras que en principiantes Iker Rodríguez vítima tamén doutro erro acadaba o 10º posto, pero alí estaban David e Rubén Carnero para enmendar os seus compañeiros e subir o caixón no 2º e 3º posto respectivamente.
En Alevín Luís Mendez era o millor clasificado o rematar 10º seguido de Adrián Alonso 11º, Yasir Martínez 12º, David Rodríguez 13º e Sergio Vicente 14º despois dunha caída con consecuencias leves para éste último mentras a Fémina Laura Teniente era 5ª.
O millor Infantil era Mario Fernández co 12º posto seguido de Iago Alvarez no 14º e Diego Santomé no 15º coas Féminas Irea Villa 8ª e Carmen Bello 9ª tamén involucrada nunha caída masiva.
Remataba a categoría Junior e Zaida González acadaba o 2º posto en Feminino mentras que Adrián Santomé remataba 16º i Ero Sobrino 17º en Masculino.
Esta mañán de novo en Vigo pero desta volta dende a Porta do Sol, era a volta dos Cadetes e Féminas cunha cronoescalada o Monte do Castro e posterior carreira polas rúas do mesmo donde Manuel Dorna facía 38º en Masculino e María Correa 3ª que despois de varias carreiras voltaba o pódio, o mesmo que Zaida González que tamén facía 3ª en Júnior Feminino.
Fotos do sabado e domingo
domingo, 23 de agosto de 2015
NOVOS PÓDIOS DE PABLO, RUBÉN E CARMEN
Esta foi unha fin de semana con competición no sábado en
Vigo e no domingo e en Ourense acadandose un total de tres pódios.
Onte sabado no IFEVI de Vigo había carreira para as categorías
de Escolas e en promesas Pablo Rodríguez voltaba a facerse con outro trofeo o
acadar o 3º posto mentras que David Vicente era 17º.
En Principiantes Rubén Carnero tamén se facía co terceiro
posto mentras que seu irmán David enganábase no circuito e remataba 7º.
En Alevíns destacar a gran carreira de Luís Mendez que nun
apretadísimo esprint final perdía o terceiro posto e tiña que contentarse cun
magnífico cuarto mentras que Yasir Martínez era 11º , Sergio Vicente 12º e Adrián Alonso era 9º,. En Femenino, Laura
Teniente tamén loitaba polo pódio pero facía igual que Luís e remataba 4ª.
En Infantís chegaba o terceiro pódio, desta volta da fémina
Carmen Bello que está a demostrar que é unha seria candidata a estar sempre nos
primeiros postos e que na tarde de onte remataba 2ª mentras que Irea Villa era
6ª. En masculino boa carreira tamén para Mario Fernández e Diego Santomé que
remataron 9º e 22º respectivamente.
Xa no día de hoxe en Sandiás (Ourense) celebrábanse os Campionatos
de Galicia de Contrareloxo Individual das categorías Cadete e Júnior donde o
noso equipo non foi quien de acadar ningunha medalla.
En Cadete masculino
era Manuel Dorna o millor clasificado o rematar 23º mentras que Fran Mendez era
43º. A fémina Maria Correa acadaba o 6º posto.
En Júnior Zaida González estivo a un pasiño da medalla do
terceiro posto pero o final remataba 4ª mentras que en masculino o millor
rosaleiro era Ero Sobrino que remataba 26º seguido de Adrián Santomé 28º e Xoel
Villa 29º.
domingo, 16 de agosto de 2015
BOCHORNO EN LUGO DONDE SE "APODERAN" DO TROFEO DE 1ª JUNIOR DE ZAIDA GONZÁLEZ
No G.P. Milagrosa de Lugo disputado na tarde de onte sabado
e o non asistir os nosos ximcaneiros,os encarregados de abrir a competición do
C.C. O Rosal eran os da categoría Alevín con dous representantes. Estes non
eran nin mais nin menos que Luís Mendez e Adrián Alonso que nos ofrecían unha
moi boa prestación, pois Luís remataba no 7º posto e Adrián no 9º.
Logo era a volta dos Infantís con boa carreira tamén de
Mario Fernández e Iago Alvarez cos 8º e 14º postos respectivamente mentras que
en Féminas Carmen Bello na súa segunda carreira voltaba a mostrarnos o seu
potencial o rematar 4ª coa súa compañeira Irea Villa 6ª.
En Cadetes outra vez Manuel Dorna que se quedaba as portas
de facer algo grande, pois durante toda a carreira estivo nos postos de cabeza
para na volta 18 das 20 totáis desinchárse e rematar 39º mentras que Fran
Mendez acadaba o 54º posto.
En Féminas chegaba o primeiro dos dous pódios da xornada cunha
combativa María Correa que non tiña problemas para acadar o terceiro posto da
categoría.
En Júnior chegaba a desilusión e enfado da xornada pois
Zaida González era a gañadora da categoría de forma aplastante pero unha vez
acabada a carreira, un cambio de criterio da organización, optaban por
concederlle o trofeo rotulado como “1ª CLASIFICADA JUNIOR” a unha corredora da
categoría Elite que corre coas ventaxas de disfrutar de desenrolo libre e a que
por decencia persoal debería darlle vergoña subir o pódio a “mangarlle” o
trofeo das máis novas como outras tantas veces. Contan por ahí adiante que ten as vitrinas cheas de trofeos Júnior que lles "limpa" as rapazas máis cativas. En fin, supuñemos que deben ser as maneiras de fomentar o ciclismo Feminino
e que simplemente isto se debe a simpatías que se deben pagar.
Despois disto tan só nos quedan os Júnior Masculinos donde
Ero Sobrino remataba 32º e Xoel Villa 33º.
domingo, 9 de agosto de 2015
AS FÉMINAS ROSALEIRAS ACADAN CATRO PODIOS E OS IRMANS CARNERO TAVEIRA OUTROS DOUS EN CAMBADOS
Tarde de éxitos a de onte sabado para a plantilla do Club
Ciclista O Rosal, pois dende Cambados traían para terras “rosaleiras” seis dos
pódios en xogo no 47º G.P. do Albariño con mención especial para a nova
incorporación Carmen Bello que no seu debut no ciclismo federado nos daba unha
grande alegría en forma de pódio.
En Principiantes nos representaban os irmáns Carnero Taveira
e aquí chegaban os dous primeiros “caixóns” con Rubén no primeiro posto e David
no terceiro.
Outro pódio mais pero éste xa na categoría de Alevíns xa que
Laura Teniente voltaba a subir o “caixón” no terceiro lugar mentras que os seus
compañeiros masculinos destacaban tamén polas boas prestacións amosadas en
especial con Luís Mendez que estivo durante toda a carreira no grupo de cabeza
para ceder no esprint final e acadar o 10º posto mentras que Adrián Alonso
remataba 22º e David Rodríguez 24º.
En Infantís Iago Alvarez acadaba o 16º posto mentras que en
Féminas Irea Villa era 7º e como xa decíamos o início desta crónica, a
debutante Carmen Bello mostraba unhas grandes maneiras e facíase cun fantástico
segundo posto.
En Cadetes chegaba outro prémio pois María Correa nunca carreira
moi disputada facíase co 3º posto en Féminas mentras que Fran Mendez remataba
26º en Masculino.
Remataban os Júnior e Xoel Villa acadaba o 20º lugar seguido
de Ero Sobrino no 21º.
Nesta categoría chegaba o derradeiro pódio pero con moitas
incidencias pois unha espectacular caida de varios corredores, daba co corpo de
Zaida González no asfalto, tendo que ser asistidos polos sevicios médicos da
proba. A pesares desta caída Zaida aumentaba a súa colección de trofeos co
segundo posto acadado finalmente.
domingo, 2 de agosto de 2015
NOVA VITORIA DE ZAIDA NO BTT XCO DE RIANXO
Onte pola tarde seis dos nosos ciclistas partían cara a Cambre e os Junior cara a Rianxo para participar en probas de Estrada e Btt respectivamente.
As catro da tarde daba comenzo XVI G.P. CONCELLO DE CAMBRE donde os primeiros en tomar a saída eran os Infantísdonde Diego Santomé e Mario Fernández loitaron pola vitória ata os derradeiros metros, pois na última volta o circuito Diego encabezaba a carreira e Mario o seguía na terceira posición pero no esprint final eran superados pola "competencia" e rematarían 7º Diego e 9º Mario con Iago Alvarez 21º mentras que a Fémina Irea Villa remataba 6ª na súa categoría.
Logo para rematar era a volta da categoría Cadete donde María Correa remataba 5ª mentras que en Masculino Manuel Dorna voltava a deleitarnos coa súa loita polos primeiros postos para logo acadar o 12º posto final.
Mentras isto acontecía en Cambre, en Rianxo os Júnior participaban no 4º trofeo Castro Barbudo de BTT XCO en Taragoña donde se iniciaba a proba coa mala fortuna en forma de rotura de cadea de Adrián Santomé xa na primeira volta e ainda que logo retomóu a competición con outra "maquina" de reserva, sería baixado da carreira e non clasificaba. Mentras isto lle acontecía a Adrián, Xoel Villa ramataba nun gran 5º posto, o mesmo que Ero Sobrino que sería 6º.
A festa final estaba reservada para Zaida González que en Feminino daba todo un recital e vencía con grande autoridade, vitória que lle valía para adxudicarse o 2º posto do Ranking a pesar de non ter participado en tódalas carreiras. Noraboa.
Fotos de Cambre
Fotos de Rianxo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)