Esta foi unha fin de semana con competición no sábado en
Vigo e no domingo e en Ourense acadandose un total de tres pódios.
Onte sabado no IFEVI de Vigo había carreira para as categorías
de Escolas e en promesas Pablo Rodríguez voltaba a facerse con outro trofeo o
acadar o 3º posto mentras que David Vicente era 17º.
En Principiantes Rubén Carnero tamén se facía co terceiro
posto mentras que seu irmán David enganábase no circuito e remataba 7º.
En Alevíns destacar a gran carreira de Luís Mendez que nun
apretadísimo esprint final perdía o terceiro posto e tiña que contentarse cun
magnífico cuarto mentras que Yasir Martínez era 11º , Sergio Vicente 12º e Adrián Alonso era 9º,. En Femenino, Laura
Teniente tamén loitaba polo pódio pero facía igual que Luís e remataba 4ª.
En Infantís chegaba o terceiro pódio, desta volta da fémina
Carmen Bello que está a demostrar que é unha seria candidata a estar sempre nos
primeiros postos e que na tarde de onte remataba 2ª mentras que Irea Villa era
6ª. En masculino boa carreira tamén para Mario Fernández e Diego Santomé que
remataron 9º e 22º respectivamente.
Xa no día de hoxe en Sandiás (Ourense) celebrábanse os Campionatos
de Galicia de Contrareloxo Individual das categorías Cadete e Júnior donde o
noso equipo non foi quien de acadar ningunha medalla.
En Cadete masculino
era Manuel Dorna o millor clasificado o rematar 23º mentras que Fran Mendez era
43º. A fémina Maria Correa acadaba o 6º posto.
En Júnior Zaida González estivo a un pasiño da medalla do
terceiro posto pero o final remataba 4ª mentras que en masculino o millor
rosaleiro era Ero Sobrino que remataba 26º seguido de Adrián Santomé 28º e Xoel
Villa 29º.
No hay comentarios:
Publicar un comentario