Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 30 de agosto de 2015

PODIO DOS IRMANS CARNERO TAVEIRA, MARÍA E ZAIDA EN VIGO




Na rua García Barbón disputouse na tarde de onte o XLII G.P. Cidade de Vigo con dous novos pódios dos nosos ciclistas Principiantes.

En Promesas Pablo Rodríguez cometía un erro na ximcana que lle custaba baixar o 8º posto mentras que en principiantes Iker Rodríguez vítima tamén doutro erro acadaba o 10º posto, pero alí estaban David e Rubén Carnero para enmendar os seus compañeiros e subir o caixón no 2º e 3º posto respectivamente.

En Alevín Luís Mendez era o millor clasificado o rematar 10º seguido de Adrián Alonso 11º, Yasir Martínez 12º, David Rodríguez 13º e Sergio Vicente 14º despois dunha caída con consecuencias leves para éste último mentras a Fémina Laura Teniente era 5ª.

O millor Infantil era Mario Fernández co 12º posto seguido de Iago Alvarez no 14º e Diego Santomé no 15º coas Féminas Irea Villa 8ª e Carmen Bello 9ª tamén involucrada nunha caída masiva.

Remataba a categoría Junior e Zaida González acadaba o 2º posto en Feminino mentras que Adrián Santomé remataba 16º i Ero Sobrino 17º en Masculino.

Esta mañán de novo en Vigo pero desta volta dende a Porta do Sol, era a volta dos Cadetes e Féminas cunha cronoescalada o Monte do Castro e posterior carreira polas rúas do mesmo donde Manuel Dorna facía 38º en Masculino e María Correa 3ª que despois de varias carreiras voltaba o pódio, o mesmo que Zaida González que tamén facía 3ª en Júnior Feminino.
Fotos do sabado e domingo

No hay comentarios:

Publicar un comentario