Tarde de éxitos a de onte sabado para a plantilla do Club
Ciclista O Rosal, pois dende Cambados traían para terras “rosaleiras” seis dos
pódios en xogo no 47º G.P. do Albariño con mención especial para a nova
incorporación Carmen Bello que no seu debut no ciclismo federado nos daba unha
grande alegría en forma de pódio.
En Principiantes nos representaban os irmáns Carnero Taveira
e aquí chegaban os dous primeiros “caixóns” con Rubén no primeiro posto e David
no terceiro.
Outro pódio mais pero éste xa na categoría de Alevíns xa que
Laura Teniente voltaba a subir o “caixón” no terceiro lugar mentras que os seus
compañeiros masculinos destacaban tamén polas boas prestacións amosadas en
especial con Luís Mendez que estivo durante toda a carreira no grupo de cabeza
para ceder no esprint final e acadar o 10º posto mentras que Adrián Alonso
remataba 22º e David Rodríguez 24º.
En Infantís Iago Alvarez acadaba o 16º posto mentras que en
Féminas Irea Villa era 7º e como xa decíamos o início desta crónica, a
debutante Carmen Bello mostraba unhas grandes maneiras e facíase cun fantástico
segundo posto.
En Cadetes chegaba outro prémio pois María Correa nunca carreira
moi disputada facíase co 3º posto en Féminas mentras que Fran Mendez remataba
26º en Masculino.
Remataban os Júnior e Xoel Villa acadaba o 20º lugar seguido
de Ero Sobrino no 21º.
Nesta categoría chegaba o derradeiro pódio pero con moitas
incidencias pois unha espectacular caida de varios corredores, daba co corpo de
Zaida González no asfalto, tendo que ser asistidos polos sevicios médicos da
proba. A pesares desta caída Zaida aumentaba a súa colección de trofeos co
segundo posto acadado finalmente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario