Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 16 de agosto de 2015

BOCHORNO EN LUGO DONDE SE "APODERAN" DO TROFEO DE 1ª JUNIOR DE ZAIDA GONZÁLEZ





No G.P. Milagrosa de Lugo disputado na tarde de onte sabado e o non asistir os nosos ximcaneiros,os encarregados de abrir a competición do C.C. O Rosal eran os da categoría Alevín con dous representantes. Estes non eran nin mais nin menos que Luís Mendez e Adrián Alonso que nos ofrecían unha moi boa prestación, pois Luís remataba no 7º posto e Adrián no 9º.

Logo era a volta dos Infantís con boa carreira tamén de Mario Fernández e Iago Alvarez cos 8º e 14º postos respectivamente mentras que en Féminas Carmen Bello na súa segunda carreira voltaba a mostrarnos o seu potencial o rematar 4ª coa súa compañeira Irea Villa 6ª.

En Cadetes outra vez Manuel Dorna que se quedaba as portas de facer algo grande, pois durante toda a carreira estivo nos postos de cabeza para na volta 18 das 20 totáis desinchárse e rematar 39º mentras que Fran Mendez acadaba o 54º posto.
En Féminas chegaba o primeiro dos dous pódios da xornada cunha combativa María Correa que non tiña problemas para acadar o terceiro posto da categoría.

En Júnior chegaba a desilusión e enfado da xornada pois Zaida González era a gañadora da categoría de forma aplastante pero unha vez acabada a carreira, un cambio de criterio da organización, optaban por concederlle o trofeo rotulado como “1ª CLASIFICADA JUNIOR” a unha corredora da categoría Elite que corre coas ventaxas de disfrutar de desenrolo libre e a que por decencia persoal debería darlle vergoña subir o pódio a “mangarlle” o trofeo das máis novas como outras tantas veces. Contan por ahí adiante que ten as vitrinas cheas de trofeos Júnior que lles "limpa" as rapazas máis cativas. En fin, supuñemos que deben ser as maneiras de fomentar o ciclismo Feminino e que simplemente isto se debe a simpatías que se deben pagar.
Despois disto tan só nos quedan os Júnior Masculinos donde Ero Sobrino remataba 32º e Xoel Villa 33º.

1 comentario:

  1. Pero eso es culpa de los arbitros, no del la supercampeona!!! a parte de que ya se sabe como es la supercampeona

    ResponderEliminar