Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 29 de mayo de 2016

SEGUNDO POSTO DE MARÍA EN CARBALLO


Na tarde de onte sabado disputabase o Trofeo Concello de Carballo de Ciclismo e ata alí se desprazaban cinco integrantes do C.C. O Rosal co balance dun Pódio acadado por María Correa en Cadete Féminas, concretamente co 2º posto.
Na mesma categoría pero en Masculino, Mario Fernández remataba no 8º posto mentras que en Infantíl Diego Santomé acadaba o 4º posto e en Féminas Laura Teniente tamén colleitaba o mesmo 4º posto que tamén era o lugar acadado polo Alevín Sergio Vicente.

Mentras tanto en Cambre tres compoñentes do equipo Júnior participaban na modalidade de BTT XCO con Xoel Villa no 7º posto, Adrián Santomé no 8º e César Cividanes sofría unha caída polo que tiña que retirarse para ser atendido polas asistencias sanitarias con lesións afortunadamente non clasificadas de graves.
Fotos de Cambre

domingo, 22 de mayo de 2016

VITÓRIAS DE PABLO E LAURA E SEGUNDO POSTO DE IKER NA PISTA DE AS FAIAS


O tradicional Trofeo Pista de As Faias celebraba onte as suas "bodas de prata " con con tarta conmemorativa incluída para celebrar o acontecemento, pois o Club Ciclista O Rosal leva 25 anos ininterrumpidos organizando ésta carreira.

Comenzaron os Promesas e o millor clasificado era o debutante Lucas Alvarez no 8º posto seguido de Roi Alvarez no 11º.

En Principiantes dos tres "rosaleiros" que participaban, dous deles subían o Pódio nos dous primeiros postos, concretamente Pablo Rodríguez que se facía co 1º posto e Iker Rodríguez co 2º e logo David Vicente no 11º.

En Alevíns, os nosos realizaban unha moi boa carreira con Yasir Martínez e Sergio Vicente que remataban  6º e 7º respectivamente seguidos de David Rodríguez no 11º e o irmáns Carnero Taveira cos postos 16º para Rubén e 17º para David.

De seguido partía unha carreira para as Féminas Infantís e aquí era Laura Teniente quien nunha carreira moi intelixente se levaba unha gran vitória. Pola súa banda Irea Villa remataba na 5ª posición.

Remataban os Infantís Masculinos e nesta categoría era Diego Santomé quien estivo a piques de subir o "caixón" o rematar no 4º posto, mentras que Iago Alvarez remataba 15º, Adrián Alonso 21º e Luís Mendez 23º.

Mentras tanto en Coirós (A Coruña) disputabase o BTT Monte do Gato a donde Paco Santomé trasladaba a Cadetes e Júnior para defender as cores do C.C. O Rosal nunha tarde de moita choiva.
En Cadete era Mario Fernández o noso representante acadando a 9ª praza mentras que en Júnior Adrián Santomé remataba 7º, Javi Santos 8º, César Cividanes 9º e Xoel Villa 10º.
Fotos de as Faias
Fotos do BTT Monte do Gato por Santomé

martes, 17 de mayo de 2016

MARÍA CORREA MEDALLA DE BRONCE NO CAMPIONATO DE GALICIA CONTRARELOXO

                                                                             Foto de Paco Santomé
Oxe pola mañán no ourensán concello de Baños de Molgas estaban en xogo as Medallas do Campionato de Galicia de Contrareloxo Individual a donde o C.C. O Rosal desprazaba a cinco os seus integrantes de Cadete e Júnior para tratar de traer para O Rosal algunha delas e de feito a expedición "rosaleira" non veo coas mans valeiras xa que a Cadete Feminina María Correa conquistaba o terceiro posto e aumentaba desta maneira o seu palmarés coa Madalla de Bronce.
En Masculino era Mario Fernández o que nos representaba e acadaba o 15º posto.

En Júnior o millor clasificado era Adrián Santomé no posto 29º e Manuel Dorna no 34º. Cesar Cividanes cando transitaba polo Km. 5 sofría a rotura dun pedal que o obrigaba a retirarse da crono.
En Feminino destacamos o 5º posto de Zaida Martínez que temporalmente se atopa cedida no equipo feminino do Club Ciclista Cidade de Lugo.

Dende aquí felicitamos o ex do Club Ciclista O Rosal Aser Estévez que se proclamou Campión de Galicia na categoría de Elite. Tamén queremos lembrar a outros tres ex do C.C. O Rosal  da categoría Sub-23 como son Antonio Portela ( Caja Rural-Seguros RGA) no posto 8º e Alex Lomba no 19º e Raúl Fernández 21º, ambolosdous integrantes do Grupo Deportivo Supermercados Froiz. 
Fotos de Maite Pérez 

domingo, 15 de mayo de 2016

O VINDEIRO SABADO ORGANIZAMOS O XXV TROFEO PISTA DE AS FAIAS

 
O vindeiro sabado 21 de maio a partir da 17:00 horas, o Club Ciclista O Rosal organiza o tradicional Trofeo Pista de As Faias que con ésta xa vai pola 25ª edición.
Os participantes serán as categorías de Promesas, Principiantes, Alevíns e Infantí
¡¡¡¡ NON FALTEDES A ESTA CITA !!!!

PABLO PRIMEIRO E LAURA SEGUNDA EN PADRÓN


En tres frentes competían no día de onte os nosos ciclistas, todos éles na provincia da Coruña.

Pola mañán en Rois competían as categorías de Cadete e Júnior. Maria Correa que competía coa categoría masculina de Cadete, mediada a carreira era baixada da mesma mentras que Mario Fernández remataba 6º.
En Júnior era Xoel Villa o que corría a mesma sorte que María e tamen era baixado da carreira o perder contacto co pelotón.

Pola tarde no veciño concello de Padrón eran as categorías de Escolas as que tomaban parte na competición donde comenzaban os Promesas David Vicente que remataba 4º e o debutante Roi Alvarez que era 8º.

En Principiantes Pablo Rodríguez voltaba a vencer e traerse para O Rosal o trofeo de primeiro clasificado mentras o seu compañeiro Iker Rodríguez que remataba 4º o cometer un erro que lle impedía subir o "caixón",

En Alevín tomaban parte Sergio Vicente co 6º posto despois de loitar toda a carreira nos posto de cabeza,  David Rodríguez 10º, David Carnero 14º, Yasir Martínez 15º e Rubén Carnero que na saida sofría un enganchón que o facía ir o asfalto e que o obrigaba a retirarse.

En Infantíl a Fémina Laura Teniente realizaba unha gran carreira e facíase co segundo posto seguida de Irea Villa no 4º.
 Na mesma categoría pero en Masculino Diego Santomé remataba no 6º posto e Adrián Alonso máis retrasado no 16º.

Tamén onte pola tarde en Mugardos se celebraba o Open XC Montefaro de BTT o que se desprazaba o Júnior Adrián Santomé que acadaba o 6º posto.
Fotos de Padrón

domingo, 8 de mayo de 2016

GRAN XORNADA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA



Onte o XVIII Trofeo Ascensión de Santiago, o C.C. O Rosal desprazou a sete integrantes da plantilla e déles, tres acadaron postos de Pódio mentras os outros catro tamén remataron nos postos altos da clasificación.

En Principiantes quien non deu opcións os seus rivais foi Pablo Rodríguez, pois dominou a Ximcana con autoridade para levarse unha merecida vitória.

En Alevín era Sergio Vicente o noso representante que estivo durante toda a carreira na cabeza da carreira para no esrint final da recta de meta tiña que ceder cando se dirixía o primeiro posto o ser pechado contra as vallas polo corredor que estaba sobrepasando e tiña que quedarse cun 2º posto que tamén está moi ben pois era a primeira vez que subía o "caixón" nesta categoría.

En Infantíl un gran Diego Santomé voltaba a loitar polo Pódio que se lle resiste e acadaba un gran 6º posto mentras que as súas compañeiras Laura Teniente e Irea Villa remataban 5ª e 6ª respectivamente.

Remataban ésta carreira a categoría de Cadetes con María Correa que voltaba o Pódio cun gran 2º posto acadado nas rúas da capital de Galicia. Mentras tanto en Masculino Mario Fernández tamén se lucía o rematar no 7º posto.
Fotos da carreira

jueves, 5 de mayo de 2016

O CLUB CICLISTA O ROSAL ESTREASE NA MODALIDADE DE DESCENSO

O domingo 1º de maio mentras as categorías de escolas competían en Porriño, Paco Santomé desprazabase co novo equipo de DH (descenso) até Marín, donde se celebraba o III DH KAMIKAZES con bos resultados para os nosos intereses.
        
O Cadete Rafa Rey acadaba o 10º mentras que en Junior Adan Castiñeira tamén facía 10º seguido de César Cividanes e Javi Santos. Pola súa banda Adrián Santomé voltaba de Marín un chisco amolado pois sofría unha caída que lle causaba danos físicos a mecánicos que lle impediron rematar a proba.

Despois desta primeira experiencia nesta disciplina nova para o C.C. O Rosal, os nosos ciclistas amosabanse moi contentos e ilusionados de cara a vindeiras competicións.
Fotos de Paco Santomé 

domingo, 1 de mayo de 2016

PODIOS DE PABLO E YASIR EN PORRIÑO


Esta mañán na pista de Torneiros en Porriño, os nosos ciclistas colleitaban dous novos Pódios.

Comenzaban os Principiantes donde Pablo Rodríguez se resarcía do erro de Boiro e desta volta non se lle escapaba o Pódio e facíase co segundo posto mentras que o outro protagonista era Iker Rodríguez que tamén loitaba polos postos do "caixón" que empataba en cero erros e co mesmo tempo que Ruben García (C.C. Barbanza) polo que voltarían a repetir o percorrido donde Iker cometía un erro co que a terceira praza decantabase do lado do boirense.

En Alevíns grata sorpresa a protagonizada por Yasir Martínez que voltaba o Pódio por vez primeira en estrada despois de dominar a Ximcana varis tempadas. A de oxe foi unha carreira que Yasir basóu na estratéxia rodando toda a carreira no grupo cabeceiro para esprintar nos derradeiros 200 metros e alzarse co terceiro posto mentras que David Rodríguez tamén se exibía e remataba 8º.

En Féminas Infantís, Irea Villa realizaba unha boa carreira e remataba na 5ª posición mentras que a súa compañeira Laura Teniente non podía tomar a saída por un erro administrativo.

Remataban os Infantís Masculinos con Iago Alvarez e Diego Santomé como representantes rosaleiros co 15º posto para Iago e o 8º para Diego.
Fotos da carreira