Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 22 de mayo de 2016

VITÓRIAS DE PABLO E LAURA E SEGUNDO POSTO DE IKER NA PISTA DE AS FAIAS


O tradicional Trofeo Pista de As Faias celebraba onte as suas "bodas de prata " con con tarta conmemorativa incluída para celebrar o acontecemento, pois o Club Ciclista O Rosal leva 25 anos ininterrumpidos organizando ésta carreira.

Comenzaron os Promesas e o millor clasificado era o debutante Lucas Alvarez no 8º posto seguido de Roi Alvarez no 11º.

En Principiantes dos tres "rosaleiros" que participaban, dous deles subían o Pódio nos dous primeiros postos, concretamente Pablo Rodríguez que se facía co 1º posto e Iker Rodríguez co 2º e logo David Vicente no 11º.

En Alevíns, os nosos realizaban unha moi boa carreira con Yasir Martínez e Sergio Vicente que remataban  6º e 7º respectivamente seguidos de David Rodríguez no 11º e o irmáns Carnero Taveira cos postos 16º para Rubén e 17º para David.

De seguido partía unha carreira para as Féminas Infantís e aquí era Laura Teniente quien nunha carreira moi intelixente se levaba unha gran vitória. Pola súa banda Irea Villa remataba na 5ª posición.

Remataban os Infantís Masculinos e nesta categoría era Diego Santomé quien estivo a piques de subir o "caixón" o rematar no 4º posto, mentras que Iago Alvarez remataba 15º, Adrián Alonso 21º e Luís Mendez 23º.

Mentras tanto en Coirós (A Coruña) disputabase o BTT Monte do Gato a donde Paco Santomé trasladaba a Cadetes e Júnior para defender as cores do C.C. O Rosal nunha tarde de moita choiva.
En Cadete era Mario Fernández o noso representante acadando a 9ª praza mentras que en Júnior Adrián Santomé remataba 7º, Javi Santos 8º, César Cividanes 9º e Xoel Villa 10º.
Fotos de as Faias
Fotos do BTT Monte do Gato por Santomé

No hay comentarios:

Publicar un comentario