Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 15 de mayo de 2016

PABLO PRIMEIRO E LAURA SEGUNDA EN PADRÓN


En tres frentes competían no día de onte os nosos ciclistas, todos éles na provincia da Coruña.

Pola mañán en Rois competían as categorías de Cadete e Júnior. Maria Correa que competía coa categoría masculina de Cadete, mediada a carreira era baixada da mesma mentras que Mario Fernández remataba 6º.
En Júnior era Xoel Villa o que corría a mesma sorte que María e tamen era baixado da carreira o perder contacto co pelotón.

Pola tarde no veciño concello de Padrón eran as categorías de Escolas as que tomaban parte na competición donde comenzaban os Promesas David Vicente que remataba 4º e o debutante Roi Alvarez que era 8º.

En Principiantes Pablo Rodríguez voltaba a vencer e traerse para O Rosal o trofeo de primeiro clasificado mentras o seu compañeiro Iker Rodríguez que remataba 4º o cometer un erro que lle impedía subir o "caixón",

En Alevín tomaban parte Sergio Vicente co 6º posto despois de loitar toda a carreira nos posto de cabeza,  David Rodríguez 10º, David Carnero 14º, Yasir Martínez 15º e Rubén Carnero que na saida sofría un enganchón que o facía ir o asfalto e que o obrigaba a retirarse.

En Infantíl a Fémina Laura Teniente realizaba unha gran carreira e facíase co segundo posto seguida de Irea Villa no 4º.
 Na mesma categoría pero en Masculino Diego Santomé remataba no 6º posto e Adrián Alonso máis retrasado no 16º.

Tamén onte pola tarde en Mugardos se celebraba o Open XC Montefaro de BTT o que se desprazaba o Júnior Adrián Santomé que acadaba o 6º posto.
Fotos de Padrón

No hay comentarios:

Publicar un comentario