Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 29 de mayo de 2016
SEGUNDO POSTO DE MARÍA EN CARBALLO
Na tarde de onte sabado disputabase o Trofeo Concello de Carballo de Ciclismo e ata alí se desprazaban cinco integrantes do C.C. O Rosal co balance dun Pódio acadado por María Correa en Cadete Féminas, concretamente co 2º posto.
Na mesma categoría pero en Masculino, Mario Fernández remataba no 8º posto mentras que en Infantíl Diego Santomé acadaba o 4º posto e en Féminas Laura Teniente tamén colleitaba o mesmo 4º posto que tamén era o lugar acadado polo Alevín Sergio Vicente.
Mentras tanto en Cambre tres compoñentes do equipo Júnior participaban na modalidade de BTT XCO con Xoel Villa no 7º posto, Adrián Santomé no 8º e César Cividanes sofría unha caída polo que tiña que retirarse para ser atendido polas asistencias sanitarias con lesións afortunadamente non clasificadas de graves.
Fotos de Cambre
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario