O domingo 1º de maio mentras as categorías de escolas competían en Porriño, Paco Santomé desprazabase co novo equipo de DH (descenso) até Marín, donde se celebraba o III DH KAMIKAZES con bos resultados para os nosos intereses.
O Cadete Rafa Rey acadaba o 10º mentras que en Junior Adan Castiñeira tamén facía 10º seguido de César Cividanes e Javi Santos. Pola súa banda Adrián Santomé voltaba de Marín un chisco amolado pois sofría unha caída que lle causaba danos físicos a mecánicos que lle impediron rematar a proba.
Despois desta primeira experiencia nesta disciplina nova para o C.C. O Rosal, os nosos ciclistas amosabanse moi contentos e ilusionados de cara a vindeiras competicións.
Fotos de Paco Santomé
No hay comentarios:
Publicar un comentario