Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

martes, 17 de mayo de 2016

MARÍA CORREA MEDALLA DE BRONCE NO CAMPIONATO DE GALICIA CONTRARELOXO

                                                                             Foto de Paco Santomé
Oxe pola mañán no ourensán concello de Baños de Molgas estaban en xogo as Medallas do Campionato de Galicia de Contrareloxo Individual a donde o C.C. O Rosal desprazaba a cinco os seus integrantes de Cadete e Júnior para tratar de traer para O Rosal algunha delas e de feito a expedición "rosaleira" non veo coas mans valeiras xa que a Cadete Feminina María Correa conquistaba o terceiro posto e aumentaba desta maneira o seu palmarés coa Madalla de Bronce.
En Masculino era Mario Fernández o que nos representaba e acadaba o 15º posto.

En Júnior o millor clasificado era Adrián Santomé no posto 29º e Manuel Dorna no 34º. Cesar Cividanes cando transitaba polo Km. 5 sofría a rotura dun pedal que o obrigaba a retirarse da crono.
En Feminino destacamos o 5º posto de Zaida Martínez que temporalmente se atopa cedida no equipo feminino do Club Ciclista Cidade de Lugo.

Dende aquí felicitamos o ex do Club Ciclista O Rosal Aser Estévez que se proclamou Campión de Galicia na categoría de Elite. Tamén queremos lembrar a outros tres ex do C.C. O Rosal  da categoría Sub-23 como son Antonio Portela ( Caja Rural-Seguros RGA) no posto 8º e Alex Lomba no 19º e Raúl Fernández 21º, ambolosdous integrantes do Grupo Deportivo Supermercados Froiz. 
Fotos de Maite Pérez 

No hay comentarios:

Publicar un comentario