Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 15 de agosto de 2016

LAURA TENIENTE FAISE COA VITÓRIA EN BETANZOS


Esta foi unha fin de semana sin tregua, pois si no sábado estabamos en Cambados, onte era no DHU O Marisquiño de Vigo e hoxe en Betanzos e Santa Marta de Portuzelo (Portugal).

Como decíamos, onte o DHU do Marisquiño en Vigo acudía o equipo de descenso que na clasificación xeral quedaban como segue: Javi Santos 61º, Adrián Santomé 72º, Rafa Rey 76 e César Cividanes 92º.

Na mañán de hoxe mentras que o Cadete Mario Fenández competía en Santa Marta de Portuzelo (Portugal) e remataba 20º, outra expedición de seis integrantes participaba no I Trofeo Festas de San Roque de Betanzos co Promesa Roi Alvarez no 6º posto, a Principiante Irene Rodríguez 6ª, e os Infantís que en categoría de Féminas a nosa Laura Teniente igual que fai dous días voltaba a subir o Pódio pero desta volta o mais alto o facerse coa vitória mentras que a súa compañeira Irea Villa remataba 6ª. En Masculino Diego Santomé era 7º e Luis Mendez 13º.
Fotos do DHU O Marisquiño por Paco Santomé
Fotos de Betanzos

No hay comentarios:

Publicar un comentario