Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 8 de agosto de 2016

LAURA TENIENTE NO PODIO DE CAMBRE


O sábado pola tarde o Club Ciclista O Rosal pelexaba en dous frentes diferentes como eran Marín e Cambre.

En Marín disputábase a derradeira proba da Copa de España  de Féminas que tamén valía para adxudicar os títulos de Campionas de Galicia de Fondo e donde as nosas representantes da categoría Cadete María Correa e Carmen Bello remataban 4ª e 5ª respectivamente.

En Cambre os Promesas Roi Alvarez acadaba o 4º posto e Lucas Alvarez o 7º.
En Principiantes a Fémina Irene Rodríguez era 4ª.

En Infantís Diego Santomé era 11º, Luís Mendez 15º, Iago Alvarez 22º e Adrián Alonso 28º mentras que en Féminas era Laura Teniente a que traía para O Rosal o único trofeo, pois remataba no 3º posto do Pódio mentras que Irea Villa era 8ª.

O Cadete Mario Fernández remataba no 13º posto mentras que en Júnior destacar a gran carreira de Xoel Villa que por fin era quien de rodar toda a carreira no pelotón para rematar no posto 22º mentras que Adrián Santomé, César Cividanes i Ero Sobrino  quedaban descolgados da cabeza i eran baixados da carreira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario