Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 21 de agosto de 2016
VITORIAS DE IRENE, LAURA, PABLO E SEGUNDOS DE IKER E SERGIO
Onte o Club Ciclista Meixoeiro como ven sendo habitual, organizaba o Trofeo Festas de Vigo para as categorías de Escolas donde a nosa representación acadaba cinco novos Pódios ademáis dun cuarto e un quinto.
Comenzaban os Promesas e Roi Alvarez facíase co 8º posto.
En Principiantes era de novo Pablo Rodríguez o que se levaba a vitória seguido moi de preto polo seu compañeiro Iker Rodríguez que tamén subía o "caixón" no segundo posto mentras que David Vicente era 8º i Emilio González remataba 13º. En Féminas suliñar a primeira vitória de Irene Rodríguez que despóis de ter acadado outros postos no Pódio, este primeiro posto era o que se lle resistía.
En Alevíns de novo Sergio Vicente que se está "habituando" os primeiros postos, remataba 2º mentras que David Rodríguez era 11º e Miguel González remataba 19º.
Remataba a categoría de Infantís e en Féminas de novo vitória de Laura Teniente mentras que Irea Villa quedaba as portas do "caixón" o rematar 4ª.
En Masculino era Diego Santomé o que tamén se arrimaba os postos altos o rematar 5º, mentras que Luís Mendez era 18º e Adrián Alonso 28º.
Fotos de Eva Lomba e Carlos Teniente
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario