Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 14 de agosto de 2016
PABLO DE NOVO O MAIS FORTE EN CAMBADOS
Boa tarde de ciclismo a de onte no 48º G.P. do Alvariño en Cambados con tres novos Pódios que engadir as vitrinas da nosa plantilla.
Os Promesas Roi Alvarez e Lucas Alvarez remataban 8º e 10º respectivamente, mentras que en Principantes Pablo Rodríguez está a demostrar o seu dominio na categoría o colleitar de novo o primeiro posto mentras que a Fémina Irene Rodríguez era 5ª.
En Alevíns cunha carreira baseada na estratéxia, Yasir Martínez voltaba o Pódio co 3º posto seguido de Sergio Vicente no 8º e David Rodríguez no 9º.
En Infantís chegaba o terceiro "caixón" da xornada coa Fémina Laura Teniente que subía o mesmo no 2º posto mentras que a súa compañeira Irea Villa era 5ª.
En Masculino Iago Alvarez era desta volta o "rosaleiro" millor clasificado o rematar 14º, seguido de Diego Santomé 16º, Adrián Alonso 26º e Luís Mendez 29º despois de incorporarse vítima dunha caída.
En Cadetes Mario Fernández entraba no 9º posto mentras que María Correa tamén desfavorecida por ter caído na derradeira volta, remataba 4ª e Carmen Bello 5ª en Féminas.
FOTOS DA CARREIRA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario