Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 28 de agosto de 2016

XLIII G.P. CIDADE DE VIGO CON PODIOS DE IKER E MARÍA

Na tarde de onte sábado na rúa Areal o noso equipo competía no XLIII Gran Premio Cidade de Vigo donde se acadaba un Pódio.

Nos Promesas eran Roi Alvarez e Lucas Alvarez os que acadaban os postos 6º e 16º respectivamente mentras que en Principiantes era Iker Rodríguez o que se facía co terceiro posto do Pódio seguido de Pablo Rodríguez 4º que cometía un erro no derradeiro obstáculo que lle impedía estar mais arriba, seguirianlle Alvaro González 10º i Emilio González 13º mentras que a Fémina Irene Rodríguez era 6ª.

En Alevíns o millor era Yasir Martínez 9º seguido de David Rodríguez 12º, Rubén Carnero 14º e David Carnero 23º.

En Infantís Diego Santomé era 9º, Luís Mendez 17º, Iago Alvarez 23º e Adrián Alonso 33º mentras que en Féminas Laura Teniente era 4ª e Irea Villa 7ª.

Remataba a "faena" o Júnior Adrián Santomé co 27º posto.

Xa na mañan de hoxe na Porta do Sol disputabase unha cronoescalada para Cadetes con meta no Monte do Castro e logo unha etapa en liña donde se sumaban as dúas para realizar a clasificación final e aquí María Correa voltaba a darnos outra alegría o subir o Pódio no 2º posto mentras que en Masculino Mario Fernández acadaba un estupendo 6º posto.

Tamén no día de hoxe se celebraba o Descenso Urbano de Bueu e ata alí se nos iban o Cadete Rafa Rey que era 4º e Adrián Santomé 5º en Júnior.
Fotos de Vigo

No hay comentarios:

Publicar un comentario