Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 20 de noviembre de 2016

COCLOCRÓSS MONTES DE EIRAS O SABADO E RÍA DE MARÍN O DOMINGO

Onte sabado o Club Ciclista O Rosal organizou o XIX Trofeo Montes de Eiras de Ciclocróss, quinta proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade cunha tarde que comenzóu moi ben pero que conforme foron pasando as horas, a climatoloxía foi empeorando ata rematar baixo e temporal de choiva, o cual non foi impedimento para que Mario Fernández acadase un Pódio.

Comenzou a categoría de Promoción con Luís Mendez e Yasir Martínez que remataban nos postos 5º e 7º respectivamente.

Logo era o turno dos Cadetes e Mario nunha grande carreira remataba no 2º posto mentras que Diego Santomé era 10º e Iago Alvarez 16º para continuar coa Fémina Júnior María Correa que acadaba o 6º posto.

En Sub-23 Adrián Santomé facíase co 9º posto, Xoel Villa co 10º e César Cividanes co 11º mentras que en Elite o millor era Iñaki Eiras na 20ª praza e Sergio Gutierrez na 30ª.

Xa na mañan de hoxe en Marín o que se facía ver era o Cadete Diego Santomé que remataba 5º mentras que Mario Fernández era 6º e Iago Alvarez 15º.

En Féminas Júnior María Correa era 5ª, rematando a competición con Adrián Santomé que en Sub-23 sofría unha caida que o obrigaba a retirada mentras que en Elite Iñaki Eiras era 19º e Sergio Gutierrez 25º.

Fotos da Praia de Eiras
Fotos de Marín


No hay comentarios:

Publicar un comentario