Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 6 de noviembre de 2016

VITÓRIA DE DIEGO, SEGUNDO DE MARÍA E TERCEIRO DE LUÍS EN PORTUGAL


Segunda proba do Open Sentir Penafiel (Portugal) de Ciclocróss, desta volta no Parque de Merendas da Freguesía de Capela con mais tres Pódios cun circuito que en algunha zona era un autentico lameiro.

O primeiro en subir o caixón era Luís Mendez que na categoría Promoción remataba no terceiro posto.

Constinuaba a Júnior María Correa que acadaba o segundo posto de Féminas.

En Cadete chegaba a vitória de Diego Santomé que desta volta sacou a relucir o campión que leva dentro e dominou a carreira dende o inicio ata o final con grande autoridade. Esta vitória fai que Diego conquiste o "maillot" de Líder do Open. Optima prestación tamén para Iago Alvarez que rematou na 7ª praza.

Remataba a categoría Elite e Iñaki Eiras voltaba a ser o "rosaleiro" millor clasificado o rematar 15º seguido de Xoel Villa 19º e Sergio Gutierrez 22º mentras que Adrián Santomé sofría primeiro un pinchazo e logo unha caída que o obrigaba a retirarse.

Na Copa de España en Karrantza (País Vasco) Mario Fernández vai ascendendo na categoría Cadete o rematar no 4º posto
Fotos da carreira

No hay comentarios:

Publicar un comentario