Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 14 de noviembre de 2016

PRIMEIRA VITÓRIA DE MARIO NA COPA GALICIA DE CICLOCRÓSS

Longo desprazamento (pero pagou a pena) o de onte a terras lucenses, concretamente a Viveiro donde a Peña Ciclista Lar organizaba a cuarta proba puntuable para a Copa Galicia.

Comenzou categoría Promoción e Luís Mendez realizaba unha grande carreira  pero foi unha mágoa que non lle valeu para acadar postos de podio o rematar no 4º posto.

Daban continuidade a competición os cadetes e por fin chegaba a vitória de Mario Fernández que xa dende o arranque (agás os primeiros metros) dominou a carreira conha ampla vantaxe conforme iban pasando as voltas o circuito. O que sí fixo unha saída como un "raio" era Diego Santomé pois situabase no primeiro posto nesa saída fulgurante para logo ceder un par de postos até que unha avaría mecánica lle facía ter que coller a bici o lombo ate chegar a zoa de asistencia técnica, o que facía que rematase na 8ª posición. Mentras tanto Iago Alvarez moi constante acadaba o 11º posto.

Remataban o dous Sub-23 da xornada que non eran outros que Adrián Santomé e Xoel Villa que remataban nuns óptimos 5º e 6º postos respectivamente.
Fotos da carreira

No hay comentarios:

Publicar un comentario